15102019Mar
Última edición: Lun, 14 Oct 2019 7pm

conexión

O BNG reclama que a estación do AVE sexa intermodal e rexeita construcións “cuase faraónicas”

Olaia Fernández Davila subliña que debe estar conectada coa estación de autobuses anexa, coa AP-9, co porto, co aeroporto e coa Universidade

05 Diciembre 2014 por
Valora este artículo
(0 votos)
Olaia Fernández Davila e Iolanda Veloso, durante a rolda de prensa. / Foto: BNG Olaia Fernández Davila e Iolanda Veloso, durante a rolda de prensa. / Foto: BNG

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, e a portavoz municipal, Iolanda Veloso, explicaron as características que segundo o Bloque debe cumprir a estación do AVE que se está construíndo na cidade, e que xa foron trasladadas, hai dous anos ao Ministerio de Fomento e á Xunta.

Defenderon que esta estación debe garantir a intermodalidade e dar resposta ás necesidades que ten Vigo, paro o que consideraron indispensable que estea conectada coa estación de autobuses anexa, o aeroporto, o porto, a Universidade e a AP-9.

Tendo en conta estas prioridades, a deputada nacionalista destacou que vén de presentar No Congreso unha proposición non de lei e unha pregunta para a súa resposta por escrito nas que tamén expresa o rexeitamento a unha construción "cuase faraónica" como a denominada "estación Mayne". Segundo sinalou, esta parte da estación, deseñada polo arquitecto Thom Mayne e publicitada con gran pompa no seu día, está no aire pola falta de financiamento privado.

"Nunca fomos partidarios de construcións cuase imperiais sen finalidade clara", subliñou, ao tempo que destacou que non existe interese en participar nunha parte concesional posto que "nada garante desde o punto de vista puramente económico, o fai prever que poda quedar suspendida sine die", dixo en relación as declaracións da titular de Fomento, que deixou claro que esa segunda fase da estación non se fará se non é con inversión privada.

Para o Bloque trátase dun proxecto excesivamente custoso, xa que a súa superficie de 120.000 metros cadrados para o centro comercial necesita de grandes investimentos para levarse a efecto. "O BNG sempre cuestionou a viabilidade deste centro comercial así como a súa necesidade. Defendemos un concepto distinto de estación", subliñou a deputada.

Servizo público

Fernández Davila explicou que para o BNG é prioritario que a estación ferroviaria sexa "unha auténtica estación intermodal". Segundo manifestou, nunha cidade como Vigo, a estación "non pode quedar relegada a unha simple estación de saída e chegada de trens". "Consideramos prioritario que se pense en primeiro lugar no servizo público a prestar á cidadanía, en infraestruturas útiles para as súas vidas diarias e funcional para atender as necesidades de comunicación", destacou, ao tempo que defendeu que os espazos socio-culturais e comerciais fosen integrados na estación.

Olaia Fernández defendeu que mediante esa intermodalidade a estación quede "integrada no urbanismo da cidade para que non resulte unha infraestrutura illada do resto da estrutura urbana". Neste sentido, preguntará ao goberno do Estado se queda definitivamente aparcada a segunda fase da estación e se o Ministerio de Fomento vai garantir esa intermodalidade.

"Retomamos a proposta que no seu día planteamos ao Ministerio de Fomento e á Xunta, na que tamén se inclúe a recuperación da fachada da antiga estación", destacou Fernández Davila. Neste sentido lembrou que as pedras se conservan na estación de Redondela, posto que a fachada está cualificada de Ben de Interese Cultural - BIC.

Ineficacia de PP e PSOE

Iolanda Veloso, pola súa banda, recordou que estas propostas xa foron trasladadas polo concelleiro Xabier Alonso nas xuntanzas cos representantes de Fomento, pero que, "lamentablemente, non están previstas polo Estado". Ao seu xuízo, o problema radica quen "non temos data para a chegada do AVE nin para o remate da estación".

A voceira municipal do Bloque criticou, por un lado, a "decisión política" do Partido Popular de privatizar os servizos públicos e de que tras o pacto inédito en Vigo entre PP e PSOE, "o único que fai é tentar convencernos de que si vai haber estación". Ademais, denunciou a postura do alcalde, que neste contexto, "só se lle ocorre pedir un campo de fútbol".

"Nós non estamos en contra da construción de campos de fútbol, pero entendemos que esta non é unha prioridade na estación. O prioritario é que o AVE chegue a Vigo e que a estación sexa intermodal, algo que parece non preocupar nin a PP nin a PSOE", manifestou, lembrando que o alcalde prometera que non se presentaría á reelección se o AVE non chegaba a nosa cidade no 2012.

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído