18072018Mié
Última edición: Mar, 17 Jul 2018 9pm

Caballero acepta a proposta de CC OO de converter o hospital Cíes nun centro de día

O alcalde de Vigo enviará unha carta á Xunta de Galicia manifestando o seu apoio a esta iniciativa

15 Septiembre 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosou ao sindicato Comisiones Obreras (CC OO) a súa "conformidade total” coa idea de converter o antigo Hospital Cíes nun centro de día con cen prazas porque, segundo apuntou, hai poucas prazas na cidade para persoas maiores, o sitio é "espléndido" ao estar nun lugar de fácil acceso, supón darlle utilidade social a un edificio sen uso e sen custo para o público e desde xeito "salvagardamos unha das grandes pezas da arquitectura de Vigo".

Dado o acordo coa proposta de CC OO que lle trasladaron en detalle a secretaria xeral do sindicato en Vigo, Amelia Pérez, e o responsable de Persoais, Roberto Alonso, o rexedor anunciou que enviará unha carta á Xunta de Galicia coa iniciativa manifestándolle "o noso apoio, a visión de que se ten que asumir" e a necesidade de que nos orzamentos deste ano inclúan unha partida para este centro porque precisa certo acondicionamento.

Segundo explicou Caballero, a proposta de CC OO para o uso do antigo Cíes como centro de día de atención especializada está dirixida a persoas con algún grao de dependencia, que teñen unha certa autonomía onde propoñen un modelo de atención no que se promove a interacción e acción dos usuarios para que poidan facer vida de forma independente. Unha idea que consultaron con entidades da zona do hospital que a ven con bos ollos.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

festival

crossfit

  • Comienza la modernización del transporte
    Comienza la modernización del transporte Uno de los indicadores más claros del progreso de una sociedad es la calidad de su transporte públilco. El próximo año finaliza la mayor parte de las concesiones de autobús que recorren cada día la geografía gallega y que fueron…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído