Imprimir esta página

A humanización na Estrada Provincial tardará alomenos tres meses en comezar

A pesar de que a rúa xa conta con sinalización de obra, os traballos non se iniciarán antes de finais de ano. O Concello avanza no plan para reformar o barrio de Ribadavia, a zona traseira de Pizarro e a rúa Colombia

08 Septiembre 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
A rúa Emilia Pardo Bazán -coñecida como Estrada Provincial- xa ten sinalización de obra. / Foto: M. Gómez A rúa Emilia Pardo Bazán -coñecida como Estrada Provincial- xa ten sinalización de obra. / Foto: M. Gómez

O Concello de Vigo deu luz verde á contratación da redacción do proxecto de humanización de Emilio Pardo Bazán, coñecida como Estrada Provincial, no tramo que transcorre entre Gran Vía e Arquitecto Palacios, que conta con sinalización amarela dende hai semanas. A partir deste momento, o concesionaria ten tres meses de prazo para redactar o proxecto e a partir de aí proceder á licitación e arrancar os traballos de mellora.

A obra, na que colaboran o Concello e a Deputación de Pontevedra, non comezará alomenos ata finais de ano e incluso poderían quedar para 2018. Unha vez humanizado o vial, o organismo provincial cederá a titularidade deste tramo á administración local, polo que pasará a ser urbano.

Ademais, tamén está encarrilado o proxecto de urbanización previsto en San Roque, no coñecido como barrio de Ribadavia, que supón unha mellora e humanización desta zona que enlazará coas obras "aprobadas e en proceso de inicio" na rúa Colombia polo que o investimento total na contorna acada os 850.000 euros.

A Xerencia de Urbanismo aprobou o expediente e os pregos de contratación destas obras, que supoñerán un investimento de case 350.000 euros e que comprende a mellora da parte traseira do novo centro comercial que se constrúe na rúa Pizarro e a comunicación coa rúa Colombia.

Nesta rúa está prevista tamén a Fase I de humanización, entre a Praza Isabel A Católica e a rúa Couto Piñeiro, cun orzamento de case 500.000 euros e que inclúe a renovación do pavimento, o mantemento da rede de abastecemento, nova instalación da rede de rego e de saneamento, nova canalización de alumeado e renovación do mobiliario e ornamentación.

Inicia sesión para enviar comentarios