14122019Sáb
Última edición: Sáb, 14 Dic 2019 3pm

O alcalde vaticina o "éxito" do concerto da Coral Casablanca para reivindicar o AVE

O concerto reivindicativo da Coral Casablanca comezará na Porta do Sol ás 20,30 h desta mércores

14 Junio 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Visita do alcalde á montaxe do escenario. / Foto: vigo.org Visita do alcalde á montaxe do escenario. / Foto: vigo.org

Caballero afirmou este mércores que o concerto da Coral Casablanca para reclamar o AVE directo a Madrid servirá para "demostrar a forza e o carácter" da cidade. Así o dixo nunha visita á montaxe do acto, logo de manter un encontro co presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, quen lle trasladou o seu apoio nesta reivindicación.

O rexedor vaticinou nesta mañá de mércores o éxito do concerto reivindicativo da Coral Casablanca que comezará na Porta do Sol ás 20,30 h desta tarde. "A cidade vai demostrar a súa forza e o seu carácter nun acto cívico que reclamará o AVE directo Vigo-Madrid por Cerdedo", engadiu. Durante unha visita á montaxe do acto, Caballero lembrou que a conexión coa alta velocidade chega con 15 anos de atraso e puntualizou que no 2002, Vigo quedou fóra dos trazados do AVE e nestes momentos o volven a intentar, propoñendo que teñamos que ir a Madrid por Santiago pero "agora imos levantar a nosa voz". O rexedor destacou que Vigo non pode quedar como a única cidade de España sen alta velocidade en marcha ou programada nun futuro inmediato.

Para abordar esta cuestión, Caballero mantivo esta mañá unha reunión co presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Juan Güell, quen lle trasladou o seu apoio a esta reclamación unha vez máis. O rexedor lembrou que foron os empresarios de Vigo os que prantexaron no 2002 o trazado en L -A Coruña-Santiago-Vigo-Ourense-, un esquema similar ao implantado en Cataluña. Cualificou de "boicot" a actitude do Goberno central e da Xunta e negou a existencia de "escusas" porque a declaración de impacto ambiental non ten custo algún e pode realizarse de forma inmediata.

Junta Gobierno
A Xunta de Goberno local dará mañá xoves luz verde a un convenio de 3.600 euros coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Vigo para cooperar no aluguer do seu local social e as súas actividades en 2017. Segundo avanzou Caballero tamén se aprobará o convenio coa Unión Comarcal de UXT, para axudar ao finanzamento das súas actividades. O importe da colaboración ascende a 15.000 euros. O goberno local tamén aprobará o proxecto modificado de mellora da rede de saneamento nas rúas Lotas e Brea, cun importe de case 85.000 euros.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído