19082019Lun
Última edición: Lun, 19 Ago 2019 1pm

infraestruturas

O Concello organiza o 14 de xuño o concerto para reivindicar o AVE por Cerdedo

Caballero cualificou de "tomadura de pelo" a proposta da Xunta e do Goberno Central de que os vigueses vaian a Madrid a través de Santiago

29 Mayo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Estación de Urzaiz. / Foto: Archivo Estación de Urzaiz. / Foto: Archivo

A Porta do Sol será testemuña o próximo mércores 14 de xuño do concerto co que a cidade vai reclamar a conexión por alta velocidade a través da variante de Cerdedo. Así o anunciou esta mañá o alcalde quen cualificou de "tomadura de pelo" a proposta da Xunta e do Goberno Central de que os vigueses vaian a Madrid a través de Santiago.

O rexedor invitou hoxe luns a toda a cidade a acudir o próximo mércores 14 de xuño, ás 20,30 h, ao concerto reivindicativo que a Coral Casablanca ofrecerá na Porta do Sol. Esta iniciativa é a primeira das mobilizacións que o goberno local desenvolverá para reclamar a alta velocidade a través da variante de Cerdedo, para que a Xunta e o Goberno de España saiban que "non nos van tomar máis o pelo obrigándonos a ir a Madrid a través de Santiago". Nesta liña, Caballero criticou o "entusiasmo" da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, ao asegurar que a conexión de Vigo en alta velocidade sería a través de Santiago o que implica, segundo Caballero, que o traxecto en alta velocidade -Vigo-Santiago-Ourense levará o mesmo tempo que agora supón ir directamente desde Vigo ata Ourense en tren convencional. "O suposto avance de Vigo en alta velocidade é unha tomadura de pelo".

Caballero comparou esta situación co intento, fracasado, do presidente da Xunta, de crear o aeroporto único de Santiago e agora "propón unha estación de AVE única". Reclamou a tramitación inmediata da declaración de impacto ambiental, que leva 5 anos de atraso, concluíu

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

Ms Lauryn Hill - 2%
Leiva - 9.9%
Tom Jones - 8.4%
Fangoria - 2%
Rick Astley - 5.8%
Roger Hodgson - 5.3%
30 Seconds to Mars - 26.6%
Vetusta Morla - 26.4%
David Bisbal - 11.7%
La votacion ya ha finalizado en: Agosto 19, 2019

sucesos

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído