13112019Mié
Última edición: Mar, 12 Nov 2019 9pm

"O proxecto de Cíes a Patrimonio seguirá pese a que a Xunta o quere rebentar"

O alcalde de Vigo crtiica que que a Xunta actuase de forma independente "sen contactar coa cidade, nin con ningún representante da cidade, para rebentar esta candidatura abocada ao éxito"

23 Mayo 2017 por
Valora este artículo
(3 votos)
Posta de sol sobre as Cíes. / Foto: VIGOÉ Posta de sol sobre as Cíes. / Foto: VIGOÉ

O alcalde defíneo como "excepcional" e "abocado ao éxito" logo de catro anos de traballo e asegura que está vivo polo que "seguiremos adiante" pese ao anuncio da Xunta de Galicia de presentar unha candidatura conxunta ante a Unesco para as Illas Atlánticas.

Abel Caballero criticou que o goberno autonómico tratase de "rebentar" a candidatura de Cíes a patrimonio natural da Humanidade da Unesco na que o Concello leva catro anos traballando con "ducias de accións", un proxecto que estima "excepcional" polo que "seguiremos adiante porque o proxecto está vivo e imos continualo".

O rexedor relatou este martes as accións desenvolvidas polo Concello ao longo dos últimos anos dende a presentación inicial da campaña na Feira Internacional de Turismo no ano 2015, repetindo en 2017 coa promoción da mesma nun acto no que estiveron presentes "altos cargos da Xunta de Galicia". Ademais, o Goberno de Vigo asinou varios convenios de promoción das Illas Cíes dende o ano 2014, organizou o concerto "O Canto das Illas" no 2015 do que se publicou un disco "excepcional", outro recital de apoio baixo a denominación "Actúa" e, ese mesmo ano, celebrou un partido de fútbol de apoio á campaña e promoveuna tamén en Portugal. Amais, ten realizado insercións publicitarias en distintos medios de comunicación, incluídas revistas especializadas "por ducias", ten disposto materiais de merchandising e vídeos co lema "Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade" e desenvolvido o Festival de Polifonía de Vigo "Ao son das Illas Cíes", o Festival Illas Cíes con concertos en Castrelos, no Auditorio Mar de Vigo e no Berbés "con miles de persoas que os viron".

Caballero salientou así mesmo, o vinilado de avións co lema da candidatura a través do contrato de promoción turística, material de a bordo de distintas compañías como repousacabezas e panos de mesa ou a imaxe e o logo das Cíes nun dos barcos da Volvo Ocean Race. Outras accións realizadas son o concurso de fotografía Sinto Cíes, o concurso escolar "Cíes, o Paraíso de todos", unha campaña de concienciación sobre a reciclaxe con ese lema e a presentación dun número especial da lotería, en colaboración coa ONCE e Lotería Nacional coa mensaxe "Cíes, Patrimonio da Humanidade" amais de movementos deportivos, a edición de libros de fotografías das Illas, accións de voluntariado medioambiental en Cíes ou a recuperación do seu cemiterio.

O alcalde afirma que durante estes catro anos de traballo, a idea mobilizou a cidade e o territorio porque as Illas Cíes son "o corazón de Vigo e querémolas patrimonio da Humanidade", rexeitando que a Xunta actuase de forma independente "sen contactar coa cidade, nin con ningún representante da cidade, para rebentar esta candidatura abocada ao éxito" e tendo participado na campaña viguesa e avalándoa publicamente. Así, expuxo que o Concello contratou o pasado 5 de abril o estudo para presentar a candidatura oficialmente "porque queríamos marcar os tempos e buscar o momento" e, dende primeiros deste mes de maio xa temos o primeiro borrador, o 17 de xuño teremos o segundo borrador e o 27 de xuño o definitivo que enviaremos á Xunta de Galicia".

Inicia sesión para enviar comentarios

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído