25072017Mar
Última edición: Mar, 25 Jul 2017 9am

rehabilitación

O Casco Vello Alto de Vigo recibirá seis novas familias o próximo verán

O inmoble na rúa Ferrería 45-47, cuxas obras están a piques de rematar, supuxo a recuperación de 2 edificios para conseguir 4 novas vivendas e 1 local comercial nun mesmo edificio unitario, cun investimento de 670.000 euros

19 Mayo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, supervisou este venres as actuacións nesta zona histórica na que este ano se rehabilitarán outros 5 inmobles que darán lugar a 9 vivendas e 2 locais comerciais máis. / Foto: Xunta A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, supervisou este venres as actuacións nesta zona histórica na que este ano se rehabilitarán outros 5 inmobles que darán lugar a 9 vivendas e 2 locais comerciais máis. / Foto: Xunta

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, visitou este venres o Casco Vello de Vigo, no que o Goberno galego suma a rehabilitación de 6 novas vivendas e 2 locais comerciais máis na rúa Ferrería, cun investimento total de 940.000 euros, agardando que poidan entrar a residir as novas familias adxudicatarias nos meses de verán.

Vázquez Mourelle supervisou, en primeiro lugar, o inmoble na rúa Ferrería 45-47, que supuxo a recuperación de 2 edificios para conseguir 4 novas vivendas e 1 local comercial nun mesmo edificio unitario, cun investimento de 670.000 euros.

A titular de Vivenda explicou que as obras están a piques de rematar –soamente quedan por executar os acabados e a carpintería interior- pero as vivendas xa foron sorteadas e, en cuestión duns meses –teñen 45 días para formalización das hipotecas e sinatura das escrituras-, en verán, xa se poderán entregar as chaves aos seus novos adxudicatarios.

Trátase de vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios ademais de contar cun baixo comercial: 2 pisos de 1 habitación, 1 vivenda de 2 habitacións e 1 dúplex de 3 dormitorios. Nestes inmobles protexeuse o patrimonio, as lareiras de acordo coa normativa, ademais de executar un xardín posterior para conseguir maior luminosidade.

Esta non é a única actuación da Xunta na rúa Ferrería, posto que a conselleira tamén se trasladou ata os números 10-12 para ver o remate final doutras 2 vivendas, que tamén xa foron sorteadas e, como o caso anterior, serán entregadas aos seus adxudicatarios nos meses de verán. Neste caso, e cun investimento de 270.000 euros, trátase da reestruturación de 2 inmobles para conseguir 2 novas vivendas dun dormitorio cada unha e 1 local comercial de 38m2 nun mesmo e unitario edificio, ademais de contar tamén cun patio exterior para a entrada de luz natural.

Ethel Vázquez lembrou que o Goberno galego segue a traballar en varios proxectos nas rúas da zona histórica de Vigo, como nas obras que se executarán este ano coa rehabilitación doutros 5 inmobles que darán lugar a 9 novas vivendas e 2 locais comerciais máis.

Estes traballos están enmarcados na aposta da Xunta pola conservación e pola revitalización desta cidade coa fin de recuperar unha zona tan emblemática para o desfrute de todos os vigueses. Neste sentido, cómpre lembrar que dende que se creou o CCVV no ano 2005, xa se recuperaron preto de 100 vivendas e 30 locais comerciais onde xa residen máis de 150 persoas.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

vigo

vigo

aeropuerto

casco vello

  • Últimas noticias

  • Más leído