26052017Vie
Última edición: Vie, 26 May 2017 8pm

verán xove 2017

Abre a inscrición para as 25.256 prazas dos campamentos de verán en Vigo

Este ano súmase a praia de Alcabre e o pavillón de Lavadores aos espazos nos que tradicionalmente xa se organizan estas actividades

19 Mayo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Verán Xove. / Foto: xuventudevigo.org Verán Xove. / Foto: xuventudevigo.org

Os campamentos de verán organizados desde o Concello aumentaron nun 14% respecto do ano pasado, alcanzando neste 2017 a cifra de 25.256 prazas. Este ano súmase a praia de Alcabre e o pavillón de Lavadores aos espazos nos que tradicionalmente xa se organizan estas actividades.

O Concello ofertará este ano 25.256 prazas de campamentos urbanos, 3.100 máis que o ano pasado, o que supón a cifra máis alta de actividades que nunca se organizaron na cidade. Son case 4.000 prazas en campamentos urbanos e actividades deportivas e máis de 21.000 de actividades de ocio infantil e xuvenil. Este programa, organizado desde as concellerías de Xuventude, Deportes e Política Social, ofrece propostas para todas as idades, a partir dos 4 anos. O orzamento do programa supera os 250.000 euros , e o Concello subvenciona case o 70% de cada actividade.

Tal e como explicou o rexedor, este ano incorporarase a praia de Alcabre e o Pavillón de Lavadores como novos espazos, aos que se suman outros xa tradicionais como Vigozoo, os arenais da ETEA e Samil, os pavillóns da ETEA, Navia, Bouzas, Coia, Travesas, o complexo deportivo de Samil, Vigosónico, Liceo Marítimo de Bouzas e, finalmente, a Casa da Xuventude.

Os obxectivos son, segundo detallou Caballero, ofertar un tempo de ocio educativo dentro da cidade; favorecer o emprego e a participación xuvenil; facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral; potenciar a inmersión lingüística en inglés; educar no respecto ao medio ambiente; achegar a cultura marítima á mocidade, así como as actividades deportivas e de ocio que ofrece a nosa Ría.

O único requisito é estar empadroado en Vigo e a presentación de solicitudes abrirá as 12 da noite deste venres e estará operativa ata o 31 de maio en verán.xuventudedevigo.org. O proceso será telemático, como o ano pasado, e no caso de de non ter acceso a Internet ou precisar de axuda, hai persoal de apoio e ordenadores dispoñibles na Casa da Xuventude.

1495198966campamentos

Unha vez pechado o prazo, a adxudicación será por sorteo e o 2 de xuño publicarase o listado definitivo de solicitudes e ese mesmo día, ás 12,00 horas, se realizará o sorteo, que será público. O día 3 coñecerase o primeiro listado de adxudicatarios e o primeiro listado provisional de vacantes.

Entre o 3 e o 7 de xuño se formalizarán as inscricións e o 10 de xuño se publicará un listado definitivo de vacantes (12,00h). A partir dese momento e ata as 14,00 do día 12, se poderá solicitar algunha desas prazas, tamén de forma telemática. Se e a partir dese momento houbera aínda vacantes, abrirase un terceiro prazo de inscrición a partir do 17 de xuño que xa será con adxudicación directa na Casa da Xuventude.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

banner reciclaje b FCC 2017

tráfico

tráfico

una imagen de vigo

  • Finca Guadalupe
    Finca Guadalupe Esta finca se llama “Guadalupe”, tal como reza en su gran portalón de entrada. Está ubicada en la Avenida de La Florida de la ciudad de Vigo, y el crecimiento urbano la va envolviendo.
    Leer más...

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído