21092017Jue
Última edición: Jue, 21 Sep 2017 2pm

humanización

O alcalde compromete a humanización íntegra da Avenida Gregorio Espino

A remodelación leva aparellada a "cobertura artística" da entrada do túnel, unha obra protagonizada por un polbo e que presenta "singularidades" na visión segundo a perspectiva

18 Abril 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
O alcalde visitou este martes as obras de Gregorio Espino. / Foto: vigo.org O alcalde visitou este martes as obras de Gregorio Espino. / Foto: vigo.org

O alcalde durante unha visita este martes á remodelación da Avenida, explicou que o goberno vigués inviste 400.000 euros na segunda fase dunha mellora que inclúe a renovación e a "cobertura artística" dos muretes que delimitan as entradas do túnel. Caballero asegurou que se humanizará toda a avenida.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu este martes á Avenida Alcalde Gregorio Espino, onde o goberno que encabeza está a executar a segunda fase da humanización do vial, que comprende da Travesía Pino á rúa San Roque.

O Concello de Vigo adica á reforma 400.000 euros, explicou Abel Caballero. A humanización modernizará tanto a superficie como as redes de servizos soterradas, con medio quilómetro de novas redes de abastecemento de agua, saneamento e pluviais. O alcalde asegurou que toda a avenida será humanizada e que no tramo inicial xa se leva investido un millón de euros.

O rexedor vigués apuntou que a remodelación leva aparellada a "cobertura artística" da entrada do túnel, unha obra protagonizada por un polbo e que presenta "singularidades" na visión segundo a perspectiva.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

movilidad

incendio

sanidade

  • Retoños
    Retoños Es una estampa habitual en la ría de Vigo. Las singulares condiciones meteorológicas, con una bonanza que se repite en gran parte del calendario, propician todo tipo de deportes náuticos, sobre todo la práctica de la vela.
    Leer más...

viajes

  • Últimas noticias

  • Más leído