22082019Jue
Última edición: Mié, 21 Ago 2019 8pm

infraestruturas

O alcalde enviará "a segunda e última" carta ao ministro de Fomento reclamando o AVE

Caballero critica ao ministro de Fomento e ao presidente da Xunta falar das obras do AVE a Galicia sen referirse á conexión con Vigo

12 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Estación de Urzáiz. / Foto: Archivo Estación de Urzáiz. / Foto: Archivo

O alcalde criticou este mércores ao ministro de Fomento e ao presidente da Xunta falar das obras do AVE a Galicia sen referirse á conexión con Vigo. Avanzou que lle enviará a Íñigo de la Serna a "segunda e última" carta con esta reclamación e que, a partir de aí, a cidade iniciará "as súas accións para facer oír a súa voz".

O alcalde de Vigo avanzou que lle enviará "a segunda e última" carta ao ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, reclamando o tren de alta velocidade para Vigo. Un día despois de que o titular de Fomento visitara as obras que "farán chegar o AVE a unha parte de Galicia", Caballero censurou ao responsable do Executivo Central por non mencionar a conexión por alta velocidade "coa zona máis poboada e industrialmente máis poderosa de Galicia". En declaracións aos medios, Caballero estendeu as súas críticas ao presidente da Xunta "ao que nunca escoita falar do AVE a Vigo".

Cualificou de "despropósito" a posta en marcha dunha liña de alta velocidade que, desde Vigo, obrigue ir a Santiago para dirixirse a Madrid e advertiu de que a partir desta misiva ao ministro, "a cidade iniciará a súas accións para facer oír a súa voz".

Inicia sesión para enviar comentarios

maltrato animal

mar

ocio

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído