18092019Mié
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 5pm

infraestruturas

O Concello pagará a metade do custe do túnel de Lepanto

Celébrase en Madrid unha nova reunión técnica sobre a estación de Thom Mayne na que se abordou o financiamento do proxecto, túnel e accesos

10 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Estación de Thom Mayne. Estación de Thom Mayne.

Este luns tivo lugar en Madrid unha nova reunión técnica para abordar o financiamento do proxecto, do túnel e dos accesos da estación proxectada por Thom Mayne en Urzáiz, coa participación de responsables do Concello.

O goberno de Vigo informou de que ve "axeitado" o reparto dos custos preacordado, segundo o cal ao Concello lle correspondería asumir o 50% do custo do futuro túnel de Lepanto á estación de autobuses, así como o custo íntegro do derrubo do actual paso elevado de Alfonso XIII.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valora como “moi convinte” a desmontaxe do paso elevado e manifesta que o resultado da reunión “é o que agardábamos e está practicamente todo acordado”, polo que concluíu que “seguimos progresando nun dos grandes proxectos da historia da cidade”.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído