21112019Jue
Última edición: Jue, 21 Nov 2019 10am

infraestruturas

O Concello aproba o proxecto de integración de Vialia e a estación de autobuses

O documento incorporará un novo acceso desde a rúa Lepanto á autoestrada en túnel así como a eliminación do viaduto elevado de Alfonso XIII

04 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Infografía do proxecto da estación. Infografía do proxecto da estación.

O alcalde de Vigo avanzou que este mércores se emitirá informe positivo sobre o proxecto que integrará a estación de Vialia e a de autobuses. Ese documento incorporará un novo acceso desde a rúa Lepanto á autoestrada en túnel así como a eliminación do viaduto elevado de Alfonso XIII.

O alcalde asinará mañá mércores o informe de alegacións ao proxecto de integración da estación de Vialia e a estación de autobuses. En declaracións aos medios, o rexedor deu conta da presentación de dúas alegacións, unha dun particular e outra da Asociación A Golpe de Pedal, quen reclama máis prazas de aparcamento para bicicletas e recuperación da antiga vía do tren como senda verde.

O informe municipal, reiterou, será positivo e incorporará como unha mellora o túnel desde a rúa Lepanto á autoestrada -que non estaba no proxecto que se someteu a exposición pública- e a eliminación do viaduto elevado de Alfonso XIII, o que permitirá que a rúa perda as súas actuais limitacións de tráfico. O rexedor reiterou o seu "recoñecemento" a Adif por adxudicar o proxecto e confiou en que a Dirección Xeral de Estradas tamén se pronuncie a favor desta actuación.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

virales

comercio

  • Últimas noticias

  • Más leído