21042018Sáb
Última edición: Sáb, 21 Abr 2018 2pm

 

vigueses distinguidos

O goberno local propón que o Centro Oceanográfico de Vigo reciba a Medalla da Cidade

Centro recreativo, artístico e cultural de Coruxo, José Silveira, Ramón Patiño, Mayeusis, Mercedes Oliveira Malvar, os colexios As Acacias e Montecastelo e a Asociación de Comerciantes do Casco Vello serán os Vigueses Distinguidos

20 Marzo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Centro Oceanográfico de Vigo. / Foto: ieo.es Centro Oceanográfico de Vigo. / Foto: ieo.es

A Medalla da Cidade, máximo recoñecemento, recaerá este ano no Centro Oceanográfico do Instituto Español de Oceanografía. Caballero avanzou este luns as propostas do goberno local para a celebración dos Vigueses Distinguidos desde 2017.

O Pleno da Corporación elixirá o mércores os Vigueses Distinguidos e a Medalla da cidade deste 2017. Así o avanzou o rexedor nunha rolda de prensa na que destacou que o máximo recoñecemento recaerá este ano no Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía en agradecemento polos cen anos de traballo que cumpre esta institución na cidade defendendo a causa xusta a ecoloxía, do medio ambiente e a defensa e o coñecemento dos océanos.

O Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo (Cracc) será un dos Vigueses Distinguidos deste ano, polo seu 50 aniversario como referente da vida social, cultural da zona. Tamén será recoñecido José Silveira Cañizares, notable empresario procedente de Extremadura, leva medio século en Vigo e destaca o seu gran patrimonio empresarial. Ramón Patiño Gómez, arqueólogo e historiador nacido en Coia, é pioneiro en darlle valor ao patrimonio somerxido de todas as rías galegas. Mayeusis Conservatorio, por levar 30 anos formando vigueses; Mercedes Oliveira Malvar, catedrática de Filosofía, é unha voz autoridade en igualdade e feminismo; os colexios As Acacias e Montecastelo, que cumpren medio século impartindo clases nesta cidade e, por último, a Asociación de Comerciantes do Casco Vello, en representación da recuperación do Casco Vello.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

  • El mejor café de España se sirve en Vigo
    El mejor café de España se sirve en Vigo El barista vigués Marcos González, que representaba a Galicia, se ha proclamado vencedor del Campeonato de España Fórum del Café, siendo distinguido como Barista de Oro 2018. En la gran final, disputada este miércoles, también ha obtenido el premio al…
    Leer más...

medio ambiente

  • Playa y chapuzón de una nutria en Vigo
    Playa y chapuzón de una nutria en Vigo Retozándose en la arena totalmente ajena al mundo y disfrutando tranquilamente del agua para refrescarse del calor. Así se pudo ver este miércoles a una nutria en las playas de Vigo. Rondando por el arenal de la Calzoa, junto a…
    Leer más...

andainas

mobilidade

  • Últimas noticias

  • Más leído