07122019Sáb
Última edición: Sáb, 07 Dic 2019 1pm

O Concello xa ten a validación para invertir 15 millóns de Europa no Vigo Vertical

O Ministerio de Facenda comunicoulle ao segundo tenente de alcalde, David Regades, a aprobación do programa de execución

16 Marzo 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)
Comunicación vertical das rúas Marqués de Valterra e Juan Ramón Jiménez. Comunicación vertical das rúas Marqués de Valterra e Juan Ramón Jiménez.

O Ministerio de Facenda deu o visto bo este mércores ao plan de execución presentado polo Concello de Vigo para desenvolver os proxectos da Estratexia Edusi con cargo aos fondos Feder da Unión Europea.

O segundo tenente de alcalde, David Regades, recibiu a validación este mércores no transcurso dunha reunión no Ministerio de Fomento con responsables da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible, Edusi. A aprobación lograda hoxe polo Concello é o paso previo á licitación dos proxectos de obra recollidos na proposta presentada por Vigo e que conseguiu 15 millóns de euros de financiamento de fondos Feder e 3,75 millóns de euros de achega municipal.

O Concello presentou á estratexia Edusi varias actuacións contempladas no programa Vigo Vertical que se ven agora ratificadas. É o caso das cintas transportadoras da Gran Vía, as escaleiras mecánicas de Abeleira Menéndez, o proxecto de ascensor da Praza de Isabel a Católica e a comunicación vertical das rúas Marqués de Valterra e Juan Ramón Jiménez. Con estes proxectos o Concello mellorará a accesibilidade e mobilidade da cidadanía.

"Estamos, polo tanto, ante un paso máis na consecución dos obxectivos do programa Vigo Vertical que transformará a cidade e a forma de comunicación da sociedade viguesa", destacou o Concello.

regades

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído