27052017Sáb
Última edición: Sáb, 27 May 2017 1pm

transporte

O Concello activa unha nova liña de transporte urbano directa ao Álvaro Cunqueiro

O novo servizo comeza o percorrido de ida en García Barbón "Calzada", seguindo por Sanjurjo Badía, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Ramón Nieto, Manuel Álvarez, Estrada Vella de Madrid, Seminario, Lameiro, Beade e Hospital Álvaro Cunqueiro

16 Febrero 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)
Protestas dos veciños de Teis. / Foto: VIGOÉ Protestas dos veciños de Teis. / Foto: VIGOÉ

Co obxectivo de dar servizo a Teis, O Calvario, Lavadores e Beade para chegar ao novo Hospital, a nova liña H3 comezará a funcionar nun prazo de dúas ou tres semanas con saídas desde García Garbón e cun custe de 66.000 euros.

O alcalde anunciou a posta en funcionamento dunha nova liña de transporte urbano directa ao Hospital Álvaro Cunqueiro, a H3, que dará cobertura a Teis, Lavadores, O Calvario e Beade.

O novo servizo comeza o percorrido de ida en García Barbón "Calzada", seguindo por Sanjurjo Badía, Bos Aires, Travesía de Vigo, Aragón, Jenaro de la Fuente, Ramón Nieto, Manuel Álvarez, Estrada Vella de Madrid, Seminario, Lameiro, Beade e Hospital Álvaro Cunqueiro. A volta realizarase polo mesmo traxecto e, segundo Caballero, "faremos que o servizo sexa moi rápido". As saídas de García Barbón serán ás 07:45 e ás 11:00 horas da mañá "dúas horas con demanda constatada", apuntou, e as saídas dende hospital serán ás 10:15 e ás 13:15.

Segundo expuxo, o custo estimado do servizo é de 66.000 euros ao ano e, ata agora, os cambios efectuados no transporte urbano vigués para conectar a cidadanía co novo hospital supuxeron un custo de máis de 700.000 euros.

O Concello iniciou hoxe a tramitación da ampliación do servizo de transporte urbano con esta nova conexión, que podería estar en funcionamento nun prazo de dúas ou tres semanas. Con todo, o rexedor apuntou que se poderán ampliar frecuencias e horarios se o requirise a demanda do mesmo.

Ademais, engadiu que o Concello estuda outras zonas para o establecemento de novas liñas co Hospital que "cambiou o sistema de circulación do transporte urbano de Vigo e o Concello debe seguir adaptándoo" ás necesidades dos usuarios. Nestes momentos, as liñas ao Álvaro Cunqueiro moven diariamente 2.300 usuarios nun total de 137 viaxes desde diferentes puntos da cidade, cunha demanda maior en horario de mañá.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

banner limpieza b FCC 2017

tráfico

tráfico

una imagen de vigo

  • Finca Guadalupe
    Finca Guadalupe Esta finca se llama “Guadalupe”, tal como reza en su gran portalón de entrada. Está ubicada en la Avenida de La Florida de la ciudad de Vigo, y el crecimiento urbano la va envolviendo.
    Leer más...

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído