25082019Dom
Última edición: Sáb, 24 Ago 2019 10pm

urbanismo

Vigo pide a Fomento axilidade para aprobar a modificación do Plan Parcial de Navia

Caballero criticou os seis anos que leva a Xunta tramitando este plan

13 Febrero 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Navia. / Foto: Arquivo Navia. / Foto: Arquivo

O alcalde de Vigo ratificou este luns o interese do Concello na axilización dos trámites que permitirán modificar o Plan Parcial de Navia e, polo tanto, construír unhas 1.600 novas vivendas a prezos accesibles. Pola contra, Caballero criticou os seis anos que leva a Xunta tramitando este plan.

O goberno local solicitou ao Ministerio de Fomento a emisión do informe preceptivo para a modificación do Plan Parcial de Navia. O rexedor, quen confiou en que no se esgote o prazo máximo de tres meses para resolver, explicou que, tan pronto se reciba, procederase á aprobación inicial desta modificación que permitirá continuar coa execución das vivendas de Navia. Caballero lembrou que Estradas xa emitiu un informe favorable polo que o Concello agarda que o Ministerio se ratifique nese informe positivo.

Antes de rematar, o alcalde destacou a importancia dunha iniciativa que permitirá construír na cidade unhas 16.000 vivendas novas e a prezos accesible. Contrapuxo a dilixencia do Concello na tramitación da parte municipal coa actitude da Xunta "que leva seis anos tramitando este plan", criticou.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

navidad 2019

transporte

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído