23082019Vie
Última edición: Vie, 23 Ago 2019 5pm

infraestruturas

O alcalde convocará o Consello Social para esixir á Xunta e a Fomento o AVE

Caballero criticou ao presidente galego e o ministro de Fomento porque obviaron esta variante do tren de alta velocidade, limitándose a asegurar que a declaración de impacto ambiental está en tramitación.

01 Febrero 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)
Estación de Urzaiz. / Foto: Archivo Estación de Urzaiz. / Foto: Archivo

O rexedor confirmou este mércores a súa intención de convocar o Consello Social para esixir á Xunta e ao Ministerio de Fomento o AVE Vigo-Madrid directo por Cerdedo. Caballero criticou ao presidente galego e o ministro de Fomento porque obviaron esta variante do tren de alta velocidade, limitándose a asegurar que a declaración de impacto ambiental está en tramitación.

Abel Caballero manterá "dous o tres" reunións máis con distintos colectivos da cidade e, a continuación, convocará o Consello Social para esixir a conexión do tren de alta velocidade Vigo-Madrid por Cerdedo. Na súa opinión, na reunión que mantiveron onte en Madrid o presidente da Xunta e o ministro de Fomento, "só se falou do AVE do norte de Galicia, do do sur, non se falou nada. Deixaron fora á provincia de Pontevedra a a parte da de Ourense, que non debemos ser de Galicia". O ministro de Fomento, dixo, non se referiu á conexión de Vigo co tren de alta velocidade, máis alá de confirmar que a declaración de impacto ambiental está en tramitación. O alcalde negou este extremo e dixo que ese trámite ambiental, que leva 5 anos en marcha, "está detido nun caixón por parte dos ministros de Fomento e Medio Ambiente, coa complicidade de Feijóo". Cualificou esta ausencia de "inadmisible desde esta cidade" e insistiu que o nexo para ligar co norte de Portugal é estratexicamente determinante".

O rexedor tamén se referiu "ao paso atrás importantísimo" que recibiu o proxecto da estación do AVE logo durante esta mesma reunión, na que, a instancias da Xunta, paralizaron a adxudicación das obras "a expensas dunha tramitación urbanística para unha estación de autobuses que nin sequera ten proxecto". Tal e como engadiu, a estación de alta velocidade de Vigo poder ser adxudicada porque hai so un solicitante que cumpre todos os requisitos e a "retrasan sine die" porque esta tramitación aínda non comezou logo de sete anos de suposta posta en marcha.

Inicia sesión para enviar comentarios

transporte

navidad 2019

mar

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído