22082019Jue
Última edición: Mié, 21 Ago 2019 8pm

infraestruturas

Caballero anuncia unha campaña para defender a chegada do AVE a Vigo

O alcalde de Vigo iniciará unha rolda de contactos con empresarios, sindicatos e entidades sociais

13 Diciembre 2016 por
Valora este artículo
(2 votos)
Diseño da estación para o AVE. Diseño da estación para o AVE.

O rexedor Abel Caballero trasladou este martes a súa preocupación pola paralización da variante do AVE a Vigo por Cerdedo, proxecto "irrenunciable" para a cidade. Ante esta situación, Caballero contactará con axentes sociais e económicos para conseguir un pronunciamento unánime en defensa da conexión da cidade con Madrid a través da alta velocidade.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este martes que iniciará unha rolda de contactos con empresarios, sindicatos e entidades sociais para "facerlles coñecedores de que Vigo se queda de novo sen AVE", tras constatar a "total falta de interese" de levar adiante o proxecto do novo ministro de Fomento, Íñigo de la Serna. O rexedor amosou en rolda e prensa a súa "inmensa preocupación" e "alarma total" ao coñecer as declaracións do titular de Fomento ao respecto da conexión ferroviaria por alta velocidade entre Galicia e a Meseta. Caballero lembrou que a variante de Cerdedo leva "cinco anos coa tramitación paralizada e co informe de impacto ambiental sen concluír".

Caballero advertiu unha vez máis de que a alta velocidade ferroviaria é un proxecto "estratéxico e fundamental" para o desenvolvemento da cidade e polo tanto "irrenunciable". Ante esta situación, o rexedor trasladou a súa intención de que os contactos cos axentes sociais e económicos culminarán coa convocatoria do Consello Social da cidade na confianza de que se pronuncie de forma unánime esixindo ao Goberno de España que acelere a declaración de impacto ambiental da variante de Cerdedo e o proxecto de AVE directo entre Vigo, Ourense e Madrid.

Inicia sesión para enviar comentarios

maltrato animal

mar

ocio

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído