19102019Sáb
Última edición: Sáb, 19 Oct 2019 2pm

programa

Máis de 170 maiores da provincia participan esta semana do programa DepoTermal

Aloxaranse durante a vindeira semana no Talaso de Sanxenxo e no Balneario de Mondariz, onde recibirán tratamentos termais e aproveitarán para facer varias visitas pola zona

30 Octubre 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
O Balneario de Mondariz e o Hotel Talaso de Sanxenxo acollen esta semana a 170 participantes do programa. O Balneario de Mondariz e o Hotel Talaso de Sanxenxo acollen esta semana a 170 participantes do programa.

Máis de 170 persoas maiores da provincia participarán ao longo da semana que vén no programa “Depotermal” da Deputación de Pontevedra, que promove o envellecemento activo e a mellora da calidade de vida das persoas de idade.

Trátase dunha iniciativa, que se desenvolve dende setembro ata decembro, da que se benefician máis de 4.000 maiores da provincia, a través de estancias en establecementos termais coa modalidade só diúrna ou con aloxamento completo.

Dende este domingo 30 de outubro ata o venres 4 de novembro, un total de 100 maiores gozarán dunha estancia completa no Balneario de Mondariz e outro grupo de 77 aloxaranse no Gran Hotel Talaso en Sanxenxo. Ademais dos tratamentos en cadanseu establecemento termal, aproveitarán a estancia dunha semana para realizar visitas e saídas para coñecer o entorno de cada zona. Proveñen dos concellos de Vigo, Pontevedra, Nigrán, Gondomar, Bueu, Poio, Tui, Cangas, Cotobade, Baiona, Lalín e Vila de Cruces.

Durante este mes e no que queda de ano, máis de 4.000 maiores da provincia gozan do programa “Depotermal” a través das súas dúas modalidades. Un total de 2.855 fano con aloxamento nocturno e 1.431 fan só uso da asistencia diúrna aos establecementos termais. Cómpre salientar que, por primeira vez este ano, reserváronse preto de 450 prazas para persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión, que antes non podían acceder ao programa por motivos económicos.

Na modalidade diúrna, os establecementos dispoñibles son Termas de Cuntis, Eurostars Isla da Toxa, Balneario de Mondariz, Talaso Atlántico de Oia, Hotel Novo Astur Spa en Vilalonga (Sanxenxo), Notal Marina Spa no Grove, Spa Torre do Deza en Lalín e Spa Vía Argentum en Silleda. Na modalidade con aloxamento están o Balneario de Mondariz, Gran Hotel Talaso en Sanxenxo, Hotel Spa Carlos I en Sanxenxo, Termas de Cuntis, Talaso Atlántico en Oia, Talaso Hotel Louxo A Toxa, Spa Torre do Deza en Lalín e o Hotel Novo Astur Spa en Vilalonga (Sanxenxo).

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído