20102019Dom
Última edición: Dom, 20 Oct 2019 11am

axudas sociais

O Concello comeza a entregar os cheques sociais

O conxunto das axudas, das que se reserva unha parte para atender as posibles reclamacións que se presenten, ascende a 1.640.000 euros que se engaden aos 802.000 euros do Plan de Emerxencias de Desafiuzamentos

26 Octubre 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
As axudas ascenden este ano a 1.549.000 euros para gastos de vivenda, enerxía e alimentación. As axudas ascenden este ano a 1.549.000 euros para gastos de vivenda, enerxía e alimentación.

Os servizos municipais empezaron a abonar as achegas do Programa Municipal de Axudas Estraordinaras, que ascende a 1,4 millóns de euros. A esta cantidade hai que sumar os 802.000 euros do Plan de Emerxencias de Desafiuzamentos.

As 1.890 familias beneficiarias do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias comezaron este mércores a recibir os cheques dunhas achegas que ascenden a 1.549.000 euros. En concreto, nesta convocatoria repartiránse un total de 749 tarxetas para cubrir gastos de alimentación, por un valor de 303.000 euros; 670 cheques para axudar ao pagamento das tarifas enerxéticas, cun importe de 201.000 euros e, no caso da vivenda, concedéronse axudas para os alugueres por un valor de 971.000 euros e de 74.000 euros para o pago de hipotecas.

Abel Caballero salientou en total o Concello vén de asignar 1.549.000 euros para "apoio en vivenda, para evitar desafiuzamentos e para pagar alugueres de familias sen recursos, o que significa que segue habendo unha enorme demanda de familias que non poden pagar os seus alugueres ou hipotecas".

O conxunto das axudas, das que se reserva unha parte para atender as posibles reclamacións que se presenten, ascende a 1.640.000 euros que se engaden aos 802.000 euros do Plan de Emerxencias de Desafiuzamentos, o que suma 2.442.000 euros anuais que o goberno local destina a este programa de axudas, segundo explicou o alcalde.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído