15112019Vie
Última edición: Vie, 15 Nov 2019 2pm

descarrilamiento en o porriño

"Alzo a voz no nome de toda a área de Vigo para demandar máis seguridade"

O alcalde de Vigo asegurou que a medio prazo é priotario reformar as infraestructuras de grande parte dos trazados da comarca, contar coa saída sur a Portugal ou contar con alta velocidade

12 Septiembre 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Responsables de sindicatos ferroviarios, este luns xunto a Abel Caballero, Carmela Silva e Santos Héctor. / Foto: vigo.org Responsables de sindicatos ferroviarios, este luns xunto a Abel Caballero, Carmela Silva e Santos Héctor. / Foto: vigo.org

O alcalde de Vigo elevou este luns "a súa voz no nome de toda a área de Vigo" reclamando máis seguridade no transporte ferroviario. Así o fixo logo de manter un encontro con responsables de sindicatos ferroviarios e de visitar aos bombeiros que participaron no rescate do sinistro ocurrido o pasado venres en O Porriño.

Abel Caballero exisiu este luns a máxima seguridade no transporte ferroviario na área de Vigo, logo do grave accidente do pasado venres en O Porriño no que faleceron 4 persoas. Así o reclamou logo de manter unha reunión con representantes de sindicatos ferroviarios da comarca de Vigo e de realizar unha visita aos bombeiros que participaron no rescate do sinistro, aos que felicitou pola súa labor nos traballos de excarcelación e apuntalamento do tren.

Caballero insistiu en que a seguridade é un elemento "imprescindible, prioritario e insustiuble" no transporte ferroviario, "todo se ten que supeditar á seguiridade dos viaxeiros e dos traballadores". Respecto do accidente, confirmou que hai que esperar polos informes da comisión de investigación e do xulgado de cara a adoptar medidas que eviten este tipo de sinistros no futuro pero insistiu en que hai que tomar medidas de xeito inmediato. Asegurou que a medio prazo é priotario reformar as infraestructuras de grande parte dos trazados da comarca, contar coa saída sur a Portugal ou contar con alta velocidade.

Caballero falou no nome de toda a cidade e de todos os alcaldes e alcaldesas da área para "alzar a voz demandando máis seguridade para traballadores e usuarios". En declaracións aos medios, traladou as súas concolencias e as de toda a cidade ás familias das vítimas, lembrando que acudiu con ese fin aos funerais dos falecidos de Vigo.

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído