22082019Jue
Última edición: Jue, 22 Ago 2019 10pm

reforma

Dous meses de obras na estrada Vigo-Ramallosa pola costa

A Xunta iniciará este luns a construcción dun muro de contención e a mellora da intersección na estrada PO-325 (Avenida Ricardo Mella)

11 Septiembre 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Mapa da actuación. Mapa da actuación.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), iniciará este luns, día 12, as obras de execución dun muro de contención e a mellora da intersección na estrada que une Vigo coa Ramallosa (PO-325), tamén coñecida como Avenida Ricardo Mella o estrada Vigo-Baiona pola Costa.

Con esta actuación, que vai desde o punto quilométrico 2+850 ao 3+800, na parroquia de Coruxo, a Xunta pretende mellorarase a seguridade viaria do conxunto de usuarios desta vía. As obras contan cun orzamento ce case 26.500 euros e terán un prazo de execución de 2 meses.

Segundo informou este domingo a Xunta, construirase un muro de contención, concretamente no PK 2+850 (preto da nova depuradora), en zona de dominio público desta estrada, para conter o desprendemento que está a provocar a deformación do firme na zona destinada á circulación peonil e ciclista. Para executar o muro será necesario demoler parcialmente a senda, que, posteriormente, será reposta, nun tramo duns 18 metros. Colocarase tamén unha baranda nese punto para protexer o desnivel.

Así mesmo, a consellería indicou que mellorarase a intersección existente na PO-325, no punto quilométrico 3+800 (curva posterior á estación de Coruxo). Para elo, aplicarase unha capa de firme que permitirá modificar o peralte da curva e a rasante do acceso, o que facilitará os movementos de xiro para o acceso ao camiño que cruza coa estrada autonómica. Nesta imaxes pódense ver as zonas de actuación.

VzjD0ZF

Inicia sesión para enviar comentarios

transporte

navidad 2019

mar

celta

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído