18092019Mié
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 2pm

seguridade

O Concello instalará cámaras de seguridade na rúa do Príncipe

Abel Caballero non desbotou emprazar estes dispositivos noutros puntos da cidade onde se considere preciso

19 Agosto 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Danos na exposición "Vigo sonríe". / Foto: Arquivo Danos na exposición "Vigo sonríe". / Foto: Arquivo

Abel Caballero anunciou este venres que xa está en marcha o proceso para instalar cámaras de seguridade na rúa do Príncipe e recordou que a céntrica vía é segura, está vixiado por axentes uniformados e de paisano, e os novos dispositivos servirán para "reforzar" esta seguridade. Co mesmo obxectivo, o alcalde non desbotou instalar cámaras onde sexa preciso.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe venres o inicio do procedemento para a instalación de cámaras de seguridade na rúa do Príncipe. O obxectivo, explicou, é "reforzar a seguridade" nunha vía que é segura, regularmente patrullado por axentes uniformados e de paisano, e non desbotou emprazar estes dispositivos noutros puntos da cidade onde se considere preciso.

Caballero recordou que o proceso de instalación é "lento". As videocámaras deben ser autorizadas previamente pola delegación do Goberno, previo informe dunha comisión presidida polo presidente do TSXG. Ademais, apuntou o primeiro edil, para o permiso se ten en conta cuestións como a protección dos edificios e instalacións públicas, e previr danos a persoas e bens.

A autorización ten carácter anual e debe renovarse cada ano, asegurou o alcalde vigués, quen estimou o orzamento da instalación das cámaras nuns 36.000 euros. As cámaras de vixilancia, reiterou Caballero, non impiden que poida existir algún acto de "vandalismo illado", como o que provocou a retirada da mostra Vigo Sorrí nas últimas datas, pero "nunca nos parecerá redundante reforzar a vixilancia e a seguridade", concluíu.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído