15112019Vie
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 8pm

Denuncian que a Xunta pechará en agosto o punto de encontro para familias en Vigo

O Consello Municipal das Mulleres decidiu facer pública esta situación para que tomen as medidas necesarias

15 Julio 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)
O Consello Municipal das Mulleres, no pleno de Vigo. / Foto: xornal.org O Consello Municipal das Mulleres, no pleno de Vigo. / Foto: xornal.org

O Consello Municipal das Mulleres do Concello de Vigo, en convocatoria ordinaria do luns 4 xullo de 2016, acordou informar á cidadanía da situación horaria no punto de encontro, dependente da Xunta de Galicia.

Dito punto de encontro pecha os luns e martes todo o día e os mércores pola mañá, pechando tamén do 16 ó 30 de agosto como ven facendo en anos anteriores, en contra da necesidade dos familiares con crianzas e contra as demandas das organizacións de mulleres. Non se pode prescindir deste servizo fundamentalmente nos casos de violencia de xénero no que o punto de encontro é indispensable para que as mulleres poidan facer o intercambio con certa seguridade.

Debido a esta situación, o Consello Municipal das Mulleres decidiu facer pública esta situación para que se tomen as medidas necesarias para que este servizo non peche en ningún período durante o ano e se amplíen os horarios pola semana.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído