14102019Lun
Última edición: Lun, 14 Oct 2019 7pm

eleccións 26x

"A Galiza faltóuselle ao respecto nos últimos meses”

O candidato de BNG-Nós, Luís Bará, presentou este mércores a campaña para as xerais do 26X na comarca de Vigo

08 Junio 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Segundo González (3 da candidatura ao Congreso), Luís Bará (1) e Ana Miranda (2), no parque Celso Emilio Ferreiro. Segundo González (3 da candidatura ao Congreso), Luís Bará (1) e Ana Miranda (2), no parque Celso Emilio Ferreiro.

“No futuro goberno non haberá maiorías e dous deputados do BNG en Madrid poden ter capacidade de decisión nas políticas do estado”.

Así o indicou este mércores en Vigo o candidato de BNG-Nós, Luís Bará, que sinalou que “a Galiza faltóuselle ao respecto nos últimos meses”, nos que as vellas e novas forzas políticas primaron os seus intereses antes que formar un goberno alternativo ao PP e pelexar polas necesidades dos galegos e galegas. “Galiza foi ninguneada e temos unha nova oportunidade para darlle a voz propia que merece, xa que estas eleccións non son unha repetición, nin unha segunda volta nin un desempate. Nestes catro meses pasaron moitas cousas e o contador comeza a contar de cero”, dixo.

Bará foi así de contundente na presentación da campaña para as xerais do 26X na comarca de Vigo. Estivo acompañado polos números dous e tres da candidatura, Ana Miranda e Segundo González, así como polo coordinador local da campaña, Serafín Otero, quen destacou que os representantes de BNG-Nós percorrerán toda a provincia “cunha gran presenza da cidade de Vigo” para difundir a mensaxe de que “se o BNG está en Madrid, Galiza está”.

“O calendario está feito a pé de rúa e haberá xuntanzas cos movementos sociais, cos sectores produtivos, encontros coa veciñanza, así como moitos outros actos na cidade. Non teremos un minuto de descanso porque queremos estar na rúa cos veciños”, dixo Otero. O responsable local do BNG tamén agradeceu aos militantes a súa estreita colaboración para poñer en marcha todas as iniciativas de xeito totalmente altruísta. “A nosa campaña será humilde e digna pero moi ambiciosa. Queremos aportar alegría e non faremos unha grande inversión económica, pero si levaremos a nosa mensaxe porta a porta”, subliñou.

O primeiro gran acto na cidade de Vigo celebrarase no día de hoxe, cunha asemblea aberta que contará cos tres primeiros membros da candidatura e na que poderán participar militantes e simpatizantes a partir das oito da tarde no Hotel Axis. Mañá darase o ‘pistoletazo’ oficial de saída á campaña coa tradicional pegada de carteis no Paseo de Alfonso ás doce da noite.

Vigo por diante
Luís Bará asegurou que a campaña do BNG estará dirixida aos vigueses e viguesas con sentimento de “amor ao país” que se viron desencantados e incluso indignados pola política madrileña que deixou de lado a Galiza nos últimos meses. “Galiza é un país rico con potencialidades e recursos. Ten futuro por si mesma e hai que rachar coa dependencia que sofre das forzas capitaneadas por líderes madrileños. Temos que crer en nós mesmos e querer saír adiante”, dixo.

Pola súa banda, Ana Miranda (número dous da lista), sinalou que Vigo vai estar presente no Congreso cos representantes do BNG. “Levaremos a Madrid os temas importantes para a cidade ao igual que o fixemos cando estivo Olaia Fernández Davila, igual que nos últimos 20 anos, loitando polo naval, pola pesca, pola transferencia da AP-9… Haberá unha axenda viguesa no Congreso fronte á ausencia dos últimos catro meses”, sinalou.

Miranda asegurou que na cidade de Vigo hai un 29,8% de persoas en risco de exclusión. “Así é a nosa cidade e nós imos estar con esas persoas… Cos multimillonarios xa están outras forzas políticas e hai xente en situación moi precaria que precisa que se lle dea voz”, subliñou.

Bará finalizou o acto lembrando as palabras de Celso Emilio Ferreiro sobre Galiza: ‘Non virá de fóra remedio nin esperanza’.

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído