13122019Vie
Última edición: Vie, 13 Dic 2019 2pm

Reconquista16

Cambio na representación e programa completo da Reconquista

A representación da expulsión dos franceses acabará este ano na dársena número 2 do Porto, na zona de remolcadores

31 Marzo 2016 por
Valora este artículo
(0 votos)

A Festa da Reconquista 2016 xa está aquí. Nesta ocasión a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello ten previsto unha importante modificación no acto central para facilitar aos visitantes que disfruten da representación da expulsión dos franceses.

A representación da Reconquista da Vila de Vigo comenzará o domingo as seis da tarde na Porta do Sol e rúa Gamboa, pero non acabará no Náutico, como é tradicional, senón que, sobre as sete, a rendición e o embarque das tropas francesas será na dársena nº2 do porto de Vigo (a carón da zona de remolcadores).

"Sempre temos o problema do espacio e a dársena do Náutico quédase pequena, polo que este ano decidimos que se fixera na zona dos remolcadores", apunta Xosé Manuel Veiga, presidente do colectivo veciñal que organiza a festa. Entenden desde a asociación que a dársena nº2 está máis aberta e os espectadores poden ver a representación desde o peirao de trasatlánticos e tamén desde o alto do centro comercial da Laxe.

Programación completa:

Sábado 2 de abril
10:00 horas - Inauguración de mercado.
12:00 horas - Actuación das Escolas de baile e canto tradicional no Espazo AVC Casco Vello.
16:00 horas - Apertura do espazo infantil na Praza do Berbés con xogos populares.
16:30 horas - Actuación das Escolas de baile e canto tradicional no Espazo AVC Casco Vello.
17:30 horas - Pandereteiras de Tarambainas no Espazo Mahou.
18:00 horas - Representación dun combate de esgrima histórico no Espazo AVC Casco Vello.
18:00 horas - Saída das tropas francesas polas rúas do casco vello e escaramuzas ca veciñanza.
19:00 horas - Actuación de escolas de baile tradicional infantil no Espazo AVC Casco Vello.
19:00 horas - Pandereteiras de Traspés no Espazo Mahou.
20:00 horas - Obradoiro de Danzas do Mundo no Espazo AVC Casco Vello.
20:30 horas - Pandereteiras de Fiadeiro no Espazo Mahou.
21:00 horas - Concerto do Orfeón Mariñeiro do Berbés no Espazo AVC Casco Vello.
22:00 horas - Actuación de Vira Pé no Espazo Mahou.
23:00 horas - Fin da xornada e peche do mercado.

O "Espazo AVC Casco Vello” estará situado na Praza do Berbés e o "Espazo Mahou” estará situado na rúa Eduardo Chao.

Domingo 3 de abril
10:00 horas - Apertura do mercado.
10:30 horas - Escola de Canto Tradicional Tarambainas 'As Laretas' no Espazo AVC Casco Vello.
11:00 horas - Escola de baile tradicional do Casco Vello no Espazo AVC Casco Vello.
11:00 horas - Demostracións de artesanía (canteiros, cesteiros, encaixe, zoqueiros, etc.) na Praza do Berbés.
11:00 horas - Apertura do espazo infantil na Praza do Berbés.
11:30 horas - Presentación do libro sobre Xoán Tilve 'Gaiteiro de Campañó' no Espazo Mahou.
12:00 horas - Obradoiro de Danzas do Mundo no Espazo AVC Casco Vello.
13:00 horas - Concerto do Orfeón Mariñeiro do Berbés no Espazo AVC Casco Vello.
13:00 horas - Actuación do CIOV Regueifeiros no Espazo Mahou.
14:00 horas - Sesión de 'micro aberto' no Espazo Mahou.
18:00 horas - Representación da Reconquista da Vila de Vigo na Porta do Sol e rúa Gamboa.
19:00 horas - Rendición e embarque das tropas francesas na dársena nº2 do porto de Vigo.
20:30 horas - Concerto de Os Carunchos na Porta do Sol.
21:00 horas - Concerto da ETRAD na Praza do Berbés no Espazo AVC Casco Vello.
22:00 horas - Fin da festa e peche do mercado.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

marítima

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído