• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    martes, 30 de mayo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Investigadores de atlanTTic dirixen os avances científicos dun proxecto europeo de loita contra o cancro sen vulnerar a privacidade do paciente 

    Foron elixidos polos tres lustros que levan traballando con cifrado homomórfico
    Redacción por Redacción
    27 de Feb, 2023
    en Local
    0
    Investigadores de atlanTTic dirixen os avances científicos dun proxecto europeo de loita contra o cancro sen vulnerar a privacidade do paciente 

    Fernando Pérez-González e Alberto Pedrouzo. / Foto:UVigo

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Os investigadores de atlanTTic Fernando Pérez-González e Alberto Pedrouzo, coordinados polo centro de investigación Gradiant, ocuparanse da dirección científica do proxecto europeo Trumpet (Trustworthy Multi-site Privacy Enhancing Technologies), que pretende desenvolver unha ferramenta eficaz que evite as fugas de información e perdas de privacidade do denominado aprendizaxe federado, un potente concepto creado por Google en 2016, que se emprega en medicina, defensa, telecomunicacións ou farmacia.

    En concreto, o proxecto Horizonte Europa Trumpet, no que tamén participan tamén Reino Unido e Israel e que conta cun investimento de cinco millóns de euros en tres anos, centrarase na loita contra o cancro e farao a través dos seus dous socios sanitarios, os hospitais oncolóxicos de Liege, en Bélxica, e de IRST-IRCCS, en Emilia-Romaña, Italia.  

    A aprendizaxe federada na actualidade sábese que presenta unha serie de vulnerabilidades en canto á privacidade, que impiden que os hospitais con unidades oncolóxicas poidan compartir información das e dos pacientes ao incumprir o Regulamento Xeral de Protección de Datos Europeo (General Data Protection Regulation –GDPR-).

    “Os algoritmos empregados hoxe en día en aprendizaxe federado para compartir información pódense reverter, tendo o risco de extraer deles datos persoais. Polo tanto, non poden ser empregados sen a axuda doutras ferramentas. O que imos facer no proxecto é concibir solucións para paliar esta vulnerabilidade”, explica Fernando Pérez-González, investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic.

    Ata este momento, Trumpet celebrou a súa primeira reunión de equipo, un consorcio do que forman parte nove organizacións: dous hospitais (Centre Hospitalier Universitaire de Liège e Instituto Romagnolo per lo Studio dei Tumori Dino Amadori), tres centros de investigación (Gradiant, Commissariat à l’Énergie Atomique et aux Énergies Alternatives, e Institut National de Recherche en Informatique et en Automatique), unha universidade (atlanTTic – Universidade de Vigo) e tres pemes (Time.Lex, Technovative Solutions y Arteevo Technologies). 

    Pioneiros en cifrado homomórfico

    Os investigadores galegos foron elixidos para o proxecto, principalmente polos tres lustros que levan traballando con cifrado homomórfico, a tecnoloxía na que se comparte e traballa con información sen que o dato persoal poida ser descifrado por persoas non autorizadas.

    Segundo explica Fernando Pérez, “a lexislación é moi garantista co individuo e iso non o podemos perder de vista, pero si se pode chegar a un modelo que permita a compartición de datos entre hospitais porque iso melloraría a investigación en tratamentos ou axudaría na diagnose. Os algoritmos funcionan mellor cando se adestran aportando moitos datos. A función de autocompletar de Google beneficiase do adestramento con datos de centos de millóns de usuarios, e por iso é tan efectivo”. 

    AtlanTTic é un dos centros de investigación pioneiros en España en cifrado homomórfico, no que se centra a tese de doutoramento de Alberto Pedrouzo, porén, “trátase dun sistema custoso e complexo”, matiza o investigador, e Trumpet tratará de acadar, nos próximos tres anos, unha solución híbrida que manteña as vantaxes do cifrado homomórfico pero que gañe en velocidade e facilidade de implantación.

    Ademais de desenvolver mecanismos para conseguir que o procedemento sexa efectivo sen perder privacidade, os investigadores de atlanTTic deberán tamén cuantificar en que medida é vulnerable o sistema, o que se denomina métrica de privacidade, na que Pedrouzo e Pérez son expertos. “Quérese medir a filtración da privacidade para certificar o cumprimento da GDPR á hora de implementar o aprendizaxe federado”, sinala Pedrouzo. 

    Ampliar o foco para salvar máis vidas

    Segundo a Organización Mundial da Saúde, o cancro será a primeira causa de morte en 2030 con 21,6 millóns de casos novos cada ano, de aí a urxencia de ampliar o foco ao máximo coa fin de salvar o maior número de vidas. “En investigación médica, canto máis coñecemento, máis fiabilidade e, polo tanto, máis certezas. Se se dispón de moita información para adestrar ao algoritmo, mellor”, engade Pérez. 
     

    Tags: SaludTecnologíaUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech remata o deseño das súas novas aeronaves de competición
    Local

    O equipo de aeromodelismo UVigo Aerotech remata o deseño das súas novas aeronaves de competición

    29 de May, 2023
    A Intelixencia Artificial, a debate en Vigo: especialistas de 12 países debaten os principais desafíos xurídicos
    Ciencia y Tecnología

    A Intelixencia Artificial, a debate en Vigo: especialistas de 12 países debaten os principais desafíos xurídicos

    26 de May, 2023
    La Xunta y la UVigo conciencian sobre la función de los insectos polinizadores y la necesidad de preservarlos
    Medio Ambiente

    La Xunta y la UVigo conciencian sobre la función de los insectos polinizadores y la necesidad de preservarlos

    25 de May, 2023
    La Deputación de Pontevedra destinará 210.000 euros a la UVigo para promover la formación y la especialización
    Local

    La Deputación de Pontevedra destinará 210.000 euros a la UVigo para promover la formación y la especialización

    24 de May, 2023
    La UVigo y la USC hacen la primera evaluación a gran escala de la motricidad del alumnado de Primaria
    Ciencia y Tecnología

    La UVigo y la USC hacen la primera evaluación a gran escala de la motricidad del alumnado de Primaria

    19 de May, 2023
    A UVigo, única representante española na primeira Rede Iberoamericana de Blockchain e Ciberseguridade
    Ciencia y Tecnología

    A UVigo, única representante española na primeira Rede Iberoamericana de Blockchain e Ciberseguridade

    16 de May, 2023

    Más Vistos

    La rampa de Carral entra en funcionamiento y la nueva Porta do Sol recibe su primer árbol

    La rampa de Carral entra en funcionamiento y la nueva Porta do Sol recibe su primer árbol

    por David Lorenzo
    25 de May, 2023
    0

    La Xunta convoca a los dueños de los terrenos necesarios para construir aparcamientos en Nigrán y Moaña

    La Xunta convoca a los dueños de los terrenos necesarios para construir aparcamientos en Nigrán y Moaña

    por Europa Press
    26 de May, 2023
    0

    David Guetta ofrecerá un “espectáculo de 4 horas” en Castrelos con dos artistas invitados

    David Guetta ofrecerá un “espectáculo de 4 horas” en Castrelos con dos artistas invitados

    por David Lorenzo
    25 de May, 2023
    0

    Cortes de tráfico en Samil y en el centro de Vigo para poder celebrar el Rallye Rías Baixas

    Cortes de tráfico en Samil y en el centro de Vigo para poder celebrar el Rallye Rías Baixas

    por Redacción
    24 de May, 2023
    0

    David Guetta ofrecerá un “espectáculo de 4 horas” en Castrelos con dos artistas invitados

    por David Lorenzo
    25 de May, 2023
    0
    David Guetta ofrecerá un “espectáculo de 4 horas” en Castrelos con dos artistas invitados
    Música

    El caché de los conciertos de Castrelos de 2023 acaba de aumentar significativamente. El alcalde de Vigo, Abel Caballero, ha

    Leer mas

    El Concello de Vigo reabre toda la calle Aragón tras apurar las obras en horario nocturno

    por Redacción
    26 de May, 2023
    0
    El Concello de Vigo reabre toda la calle Aragón tras apurar las obras en horario nocturno
    Local

    La calle Aragón ha sido reabierta al tráfico en su totalidad este viernes al terminar el grueso de las obras

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR