Así despachouse este mércores o concelleiro socialista Carlos López Font contra o PP de Vigo despois de que a voceira «popular», Elena Muñoz, acusase ao alcalde de Vigo de estar «molesto» coa inauguración da depuradora. » As declaracións desta mañá da voceira do PP de Vigo, Elena Muñoz, sobre a nova depuradora da cidade poñen de manifesto que o Partido Popular nesta cidade,unha vez máis, está ás ordes de Núñez Feijóo», sinala Font nun comunicado enviado polo Concello de Vigo.
«O PP de Vigo non quere recoñecer que a nova EDAR a paga a cidade de Vigo e a Unión Europea. Dos 154 millóns de custo efectivo da obra, 84,7 millóns proceden de fondos da UE e os 69,4 millóns que teoricamente lle corresponden á Xunta de Galicia os paga Vigo co canon de saneamento», engade Font. O argumento xa fora exposto o día anterior polo alcalde á hora de analizar os pagos que fan os vigueses á Xunta. «Ata 2027 -ano no que a Xunta rematará os pagos da instalación-, o canon de saneamento abonado polos vigueses á Xunta de Galicia ascenderá a case 100 millóns de euros: para a Xunta de Galicia, a depuradora de Vigo significa obter máis ingresos que gastos», explica.
O comunicado do Concello asinado por Carlos Font asevera que «na depuradora, o goberno autonómico vai de salvador cando o único que fai é aproveitarse desta cidade».