• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 30 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Fonda conmoción na Facultade de Filoloxía e Tradución polo pasamento de Antonio Rifón Sánchez

    O docente, falecido por mor dunha enfermidade, incorporárase ao claustro do centro en 1995. Centrou o seu labor investigador no eido da morfoloxía do español
    Redacción por Redacción
    31 de Oct, 2022
    en Local
    0
    Fonda conmoción na Facultade de Filoloxía e Tradución polo pasamento de Antonio Rifón Sánchez

    Antonio Rifón, nunha imaxe de arquivo. / Foto: DUVI

    “Antón (todos lle chamabamos así) é persoa moi querida, respectada e recoñecida no centro onde desenvolveu un traballo intenso, non sempre coñecido pois a discreción é unha das súas mellores calidades”. Neste termos se refire no Diario da Universidad de Vigo (DUVI) o decano da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo, José Montero Reguera, a quen considera “un irmán”, o docente e investigador, titular de Lingua Española no centro, Antonio Rifón Sánchez (A Coruña, 1965), falecido nas últimas horas, por mor dunha enfermidade. A confirmación do pasamento de Rifón provocou fonda conmoción no PDI e PAS do centro, ao que chegou no ano 1995, logo de doutorarse na USC, baixo a dirección de Xesús Pena Seijas, cunha tese sobre a derivación do español, “que lle abriu o seu camiño investigador no eido da morfoloxía do español onde acabou sendo unha das referencias ineludibles”, sinala o decano da FFT.

    Tal e como relata o DUVI, na Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo dirixiu o Departamento de Lingua Española, investigador principal de varios proxectos, coordinador do grupo de investigacion GRADES e do Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, Rifón foi tamén “un dos almus pater do novo grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española”, explica Montero, que destaca que “o seu maxisterio queda reflectido na media ducia de teses que dirixiu, nas máis de vinte e cinco promocións de estudantes (Filoloxía Hispánica, Tradución e Interpretación, Galego e Español, Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios) para os que a morfoloxía e a semántica non son palabras baleiras e nas súas achegas investigadoras (libros, artigos, capítulos de libros). É un académico moi completo que non agochou a cabeza cando tivo que coller responsabilidades de xestión, participando, ademais en múltiples comisións e en todas as encomendas que dende o decanato da Facultade lle foron asignadas, sempre con verdadeiro e exemplar sentido de servidor público”, detalla o decano do centro.

    Desde a súa chegada á FFT no ano 1995, Rifón e Montero compartiron departamento e área de coñecemento (Filoloxía Española), ademais dunha amizade xurdida “de inmediato, natural, franca e aberta”. Entre os froitos da súa colaboración, a creación da revista Hesperia. Anuario de Filoloxía Hispánica, co obxectivo de “poñer o departamento no mapa da filoloxía en España”, foi un dos máis salientables. “25 anos despois a aventura segue, agora nas mans de quen foron as nosas alumnas, hoxe xa mestras nos seus eidos de investigación. Desapareceu o antedito departamento; tamén a área de coñecemento, mais a amizade, como a revista, continúo dende departamentos e áreas distintas. Traballamos moito xuntos e, penso, que fomos quen de axudar a converter os estudos de filoloxía española en Vigo (lingua e literatura españolas) en referencia importante no sistema universitario español”, explica Montero Reguera.

    Pero máis aló dos logros académicos, o decano da FFT destaca os valores persoais de Rifón, a quen define como un home discreto, “pouco dado á vanagloria e ao ‘me cachis qué guapo soy’. Moito tería que aprender a Academia de académicos como Antón, que colaborou sempre para que as cousas foran mellor de como lle chegaron a el; sempre cun sorriso, a mellor disposición e moito traballo ás costas. Por difícil que fora, unha complexa ou delicada reunión chegaba sempre a bo porto se estaba el”, destaca Montero. O decano da FFT tamén pon en valor a esixencia de Rifón co seu traballo, ata o punto de que as e os seus compañeiro facían brincadeiras co tempo que demoraba en reunir todos os materiais para redactar un artigo, que sempre resultaba impecable.

    “Culto, lector, amigo dos seus amigos, tiña sempre tempo para explicar unha cousa, por pequena que fose, ao seu alumado; inquieto, curioso, estudoso de todo, chegou a completar unha segunda licenciatura (Filosofía) e a expresarse con certa ‘dignidade’ en ruso. E con retranca, sempre con moita retranca e ironía”, lembra Montero, para quen “no complicado mundo da Universidade non son moitas as persoas que son quen de unir, de xerar consenso e buscar o ben común. Antón era unha destas persoas. A Facultade vai botarlle moito de menos. Eu perdín un irmán”.

    43

    Tags: Antonio Rifón SánchezUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026
    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido
    Local

    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido

    16 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    por Redacción
    25 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Calles en penumbra
    Más Vigo

    Calles en penumbra

    La Navidad de Vigo ya se ha terminado, para consuelo de muchos y tristeza de otros, y aquel derroche lumínico...

    por Julio Alonso
    30 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Marta Estévez acerca ‘La tercera orilla’ a Vigo
    Libros

    El secreto de la generación de los 70 que hoy sale a la luz en el Casco Vello

    La literatura gallega contemporánea vuelve a poner el foco en la memoria y el paisaje como ejes vertebradores de nuestra...

    por Redacción
    29 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR