O rexedor alertou ademais de que «en Vigo hai 637 persoas en lista de espera, con dependencia recoñecida, aos que a Xunta non admite a pesar de estar obrigada por lei». «Somos a cidade de Galicia á que a Xunta outorga menos axudas en proporción aos habitantes e esa decisión produce esta longa lista de espera», engadiu.
Caballero resaltou a gravidade do asunto e lamentou «que estas axudas á dependencia dependan da cor política; pero desta Xunta créomo todo», concluíu.
Na rolda de prensa avanzou que esta mesma tarde se achegará á carballeira do Monte da Guía para compartir a Festa do Verán con usuarios do Servizo de Axuda no Fogar, maioritariamente, mulleres.