• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    miércoles, 29 de marzo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Emotivo adeus na Uvigo a Antonio Rifón, docente “xeneroso” e “comprometido”

    A Xunta de Facultade de Filoloxía e Tradución celebrou unha sesión extraordinaria en lembranza do docente. Compañeiras e compañeiros rememoraron a súa traxectoria profesional e vital
    Redacción por Redacción
    10 de Nov, 2022
    en Local
    0
    Emotivo adeus na Uvigo a Antonio Rifón, docente “xeneroso” e “comprometido”

    Un intre da intervención de Inmaculada Báez na sesión. / Foto: DUVI

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    “Xeneroso”. “Eficaz”. “Humilde”. “Pragmático”. “Forte”. “Comprometido”. “Paciente”. “Retranqueiro”. “Conversador”. O salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución encheuse este mediodía cunha morea de adxectivos cos que as e os compañeiros de Antonio Rifón Sánchez lembraron o docente e investigador recentemente falecido.

    Por vez primeira na súa historia, o centro celebrou este xoves unha sesión extraordinaria da Xunta de Facultade en lembranza dun docente finado, que recibiu a cálida e sentida homenaxe de quen foron os seus e as súas compañeiras en labores docentes, investigadoras e administrativas, desde a súa chegada á Facultade en 1995.

    Na sesión, que contou coa presenza no salón de actos de familiares de Rifón, así como do reitor da UVigo, Manuel Reigosa, o decano da FFT, José Montero Reguera, lembrou “ao meu amigo, que para min segue vivo”, agradecéndolle terlle aprendido a falar galego e, especialmente, a palabra “conversa, con todos os matices que para el tiña, de falar pausadamente, no que un tema levaba a outro… Rimos e sufrimos coa vida académica e pasámolo moi ben”, lembrou Montero, que cualificou a Rifón de “irmán”.

    Precisamente, o decano da FFT aproveitou a ocasión para anunciar a celebración, a partir da semana que vén, dun ciclo de relatorios co título Conversas, no que a través de charlas entre egresados e egresadas e integrantes do centro, homenaxearase a Rifón, ao tempo que se pretende captar alumnado. “A Facultade é un pouco máis pequena, pero a vida segue. Así que, sigamos!”, rematou Montero.

    As palabras do decano do centro pecharon un acto no que se sucederon as intervencións de compañeiras e compañeiros de Rifón ao longo dos 27 anos que impartiu docencia e investigou na FFT. Inmaculada Báez, directora do Departamento de Lingua Española foi a primeira en tomar a palabra para lembrar ao seu compañeiro do despacho de enfronte, do que dixo, que botarán en falta a frase lapidaria coa que pechaba “as discusións acaloradas do departamento: ‘Isto é unha cuestión baladí’ , así como a súa “retranca coruñesa”.

    Fonda conmoción na Facultade de Filoloxía e Tradución polo pasamento de Antonio Rifón Sánchez

    Pola súa banda, José María García-Miguel, coordinador do Grupo de Investigación Gramática, Discurso e Sociedade (Grades), rememorou o seu primeiro encontro con Rifón cando ambos preparaban na USC as súas teses de doutoramento, así como a “súa implicación total” nos grupos que antecederon a Grades. “A súa gran paixón foi sempre a morfoloxía. Imaxínoo alá, nese paraíso de ficción onde van parar algúns lingüistas, non todos, pasando felizmente as tardes conversando con Jesús Pena sobre morfoloxía derivativa e de mil cousas máis. Discorrendo eternamente”, dixo García-Miguel.

    Sorriso afable, presenza discreta, oportuna retranca

    Maruxa Cabeza, coordinadora do Programa de Doutoramento en Estudos Lingüísticos, rememorou o labor de Rifón neste ámbito, amosando “eficacia, pragmatismo e xenerosidade”, así como a paciencia e humor que o caracterizaban e a influencia que deixou no seu alumnado. Mentres, Inmaculada Anaya, coordinadora do Máster en Lingua e Comunicación nos Negocios, referiuse aos 27 de anos compartidos e, ao longo dos que forxou amizade con Rifón. “Deixounos pero quédanos o seu sorriso afable, presenza discreta, forza e coraxe para loitar contra a adversidade, oportuna retranca e a súa paixón pola súa familia”, dixo Anaya, que asegurou lembralo “co sorriso nobre e tranquilo. Foi un privilexio compartir contigo. Grazas Rifón!”, rematou Anaya a súa intervención.

    ‘Wish You Were Here’

    Alexandre Rodríguez Guerra docente do Departamento de Filoloxía Galega e Latina gabou a dedicación de Antonio Rifón na comisión de reforma do grao, onde amosou “constancia, rigor e compromiso”. Paciencia e educación exquisita, foron outros trazos do carácter de Rifón que Rodríguez Guerra destacou dun compañeiro “retranqueiro e animoso”.

    Mentres, a directora da revista ‘Hesperia. Anuario de Filoloxía Hispánica’, Susana Rodríguez Barcia, rememorou as súas facetas como alumna, compañeira docente e investigadora e amiga de Rifón, ao que definiu como “eterno conselleiro”, e ao que despediu recitando unhas estrofas dunha das súas cancións preferidas, ‘Wish You Were Here’ de Pink Floyd: “Como desexaría que estiveses aquí. Somos só dúas almas perdidas. Nadando nunha peixeira. Ano tras ano. Correndo sobre o mesmo vello chan. Que atopamos? Os mesmos vellos medos. Desexaría que estiveses aquí”.

    Tags: Antonio Rifón SánchezUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Vigo acollerá por primeira vez o Congreso Europeo de Lingüística Sistémica Funcional
    Local

    Vigo acollerá por primeira vez o Congreso Europeo de Lingüística Sistémica Funcional

    24 de Mar, 2023
    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia
    Local

    A Universidade de Vigo dótase dun novo Portal da Investigación e convérteo en escaparate da súa actividade científica e de transferencia

    22 de Mar, 2023
    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3
    Local

    Ortiga e Dani, dobre aposta pola música feita en Galicia no Sonora ‘2.3

    21 de Mar, 2023
    A CIM-UVigo, sede da recén creada Sociedad Española de Criobiología
    Local

    A CIM-UVigo, sede da recén creada Sociedad Española de Criobiología

    17 de Mar, 2023
    Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus
    Local

    Máis de 350 estudantes na busca dunha primeira experiencia laboral e 35 empresas no arranque de EmpregoInCampus

    16 de Mar, 2023
    Investigadores da UVigo participan nun proxecto europeo para mellorar a seguridade das comunicacións
    Local

    Investigadores da UVigo participan nun proxecto europeo para mellorar a seguridade das comunicacións

    15 de Mar, 2023

    Más Vistos

    El Centro Comercial Camelias sigue imparable en la inauguración de nuevos locales de comercio local

    Inauguración en Camelias con música, baile y muchas caras conocidas

    por Redacción
    26 de Mar, 2023
    0

    Esta fotografía corresponde a la ciudad de Vigo, pero no se trata de una zona rural, sino de una zona urbana rodeada de calles muy transitadas, una zona próxima a grandes plazas.

    En el medio de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    25 de Mar, 2023
    0

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    por Vanesa Vázquez
    25 de Mar, 2023
    0

    Esta imagen resulta bastante habitual en la ciudad de Vigo. Los conductores se saltan las normas con enorme facilidad y no pasa absolutamente nada.

    En Vigo todo vale

    por Julio Alonso
    26 de Mar, 2023
    0

    El contenedor marrón se expande por Vigo: empieza la instalación de otras cien unidades

    por David Lorenzo
    27 de Mar, 2023
    0
    El contenedor marrón se expande por Vigo: empieza la instalación de otras cien unidades
    Medio Ambiente

    El contenedor de residuos de color marrón inicia su expansión por Vigo. Después de que se colocaran 70 unidades en

    Leer mas

    La estatua de Manuel Castro regresa restaurada a su sitio, en la calle Príncipe

    por Redacción
    27 de Mar, 2023
    0
    Abel Losada y Abel Caballero posan junto a la estatura restaurada de Manuel Castro
    Local

    La estatua de Manuel Castro, el icónico vendedor de periódicos que los sujetaba sobre su cabeza con la punta del

    Leer mas

    La Policía Nacional alerta de una estafa detectada en Vigo que encripta ordenadores de abogados

    por Europa Press
    27 de Mar, 2023
    0
    La Policía Nacional alerta de una estafa detectada en Vigo que encripta ordenadores de abogados
    Sucesos

    La Policía Nacional ha informado este lunes sobre una nueva modalidad de estafa informática dirigida especialmente a despachos de abogados

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR