Xunto a Manuel Caride, pasarán a formar parte do Consello Nacional do BNG en representación da comarca de Vigo, Pedro Pérez, en calidade de vicerresponsábel comarcal, e Jessica García, actual responsábel comarcal de Galiza Nova.
Durante a súa intervención o responsábel comarcal sinalou que o BNG “debe procurar, en todo momento, que o traballo social e institucional conecte coas problemáticas sociais reais existentes en cada concello, polo que é preciso un contacto directo e permanente co tecido social organizado no mesmo”.
Ademais, Manuel Caride indicou que os retos que ten por diante o Consello Comarcal entrante comezan co «necesario reforzo organizativo e o relanzamento do proxecto político nacionalista en todos os concellos da comarca».
Para este novo período que se abre, avaliouse que «é preciso afortalar o traballo do Consello Comarcal como organismo de dirección e coordinación, cuxa reducción a 15 integrantes -ás que se sumarán responsábeis locais e a persoa en representación de Galiza Nova- supón unha aposta por dotar ao BNG na comarca dunha estrutura máis áxil, operativa e participativa».