A humanización, que xa está en marcha, estenderase desde Sanjurjo Badía ata Camiño Maceiras e conta cun orzamento de 468.000 euros. Cun prazo de execución aproximado de seis meses, os traballos incluirán a ampliación de beirarrúas -ata 3 metros-, mentres que diante do colexio San José da Guía, ampliarase a 6 para dar cabida a un aparcamento de bicicletas. Respecto do tráfico, tamén se establecerá un plan de entradas e saídas do centro educativo para facilitar a circulación na zona.
Segundo detallou o alcalde Abel Caballero, renovarase a rede de abastecemento, separaranse pluviais e fecais, instalarase rego automático e novo mobiliario. Os semáforos levarán ópticas de leds de verde de peón con sistema acústico para invidentes integrado -activable por bluetooth ou mando a distancia-. Plantaranse árbores nas beirarrúas e se colocará un poste de aceiro inoxidable unha estación meteorolóxica, que ademais de captar datos, terá finalidade didáctica.
Caballero engadiu que tamén se colocará unha placa de bronce conmemorativa, en homenaxe ó Doutor Cesáreo Corbal (1885 – 1952), que desenvolveu a súa labor profesional no barrio de Teis e era coñecido como o «médico dos pobres», que con gran xenerosidade atendía desinteresadamente á xente sen recursos. Esta placa levará inscrita una breve biografía do doutor e unha imaxe súa.