• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Dous graos e catro mestrados reforzarán a oferta de títulos da UVigo para o vindeiro curso

    Os novos másteres son: Enxeñería Biomédica, Exercicio Terapéutico, IA e Desafíos das Cidades. A Escola Aberta de Formación Permanente incorpora o título de Experto en Tecnoloxías cuánticas da información
    Redacción por Redacción
    27 de May, 2022
    en Local
    0
    Dous graos e catro mestrados reforzarán a oferta de títulos da UVigo para o vindeiro curso

    As tres universidades galegas oferta 11.759 as prazas de grao 5.162 de mestrado. /Foto: UVigo

    Logo de ser consensuada coas universidades de Vigo, Santiago e A Coruña, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de rexistrar na aplicación informática do Ministerio de Universidades a proposta de oferta de prazas de novo ingreso en títulos oficiais de grao e mestrado para o vindeiro curso 2022-2023 para as universidades públicas galegas. A oferta, que será oficial unha vez que se ratifique formalmente por parte da Conferencia General de Política Universitaria nas próximas semanas, contempla a incorporación de seis novas titulacións: dous graos e catro másteres, ao catálogo de títulos da UVigo. No global do SUG, as tres universidades galegas incorporarán 13 novos títulos: tres de grao e 10 de máster, que sumados á actual oferta, elevan a 11.759 as prazas de grao (209 máis ca no actual curso) e en 5162 (26 menos que este ano académico) as de mestrado.

    Cara o vindeiro curso a UVigo tamén engadirá como novidade, neste caso, á súa oferta de estudos propios, dependentes da Escola Aberta de Formación Permanente, o título de Experto en Tecnoloxías cuánticas da información, coordinado polo docente e investigador Marcos Curty e que se impartirá no segundo cuadrimestre. Pola súa banda, os, ata de agora cursos de especialista en Auditoría e Contabilidade e en Negocio Dixital, serán o vindeiro curso mestrados de formación permanente. O catálogo de estudos complétase con outros catro títulos de especialista que xa se estaban a impartir.

    O campus de Ourense será o único da UVigo que o vindeiro curso estreará titulacións de grao, concretamente dúas interuniversitarias. Así, no caso do Grao en Intelixencia Artificial, que se impartirá na Escola Superior de Enxeñaría Informática, ofértanse un total de 150 prazas, a repartir a razón de 50 entre os campus de Ourense, Santiago e A Coruña. Pola súa banda, o Grao en Relacións Internacionais botará a andar con 45 prazas totais, das que 23 se impartirán no campus ourensán e as 22 restantes no de Ferrol. A Facultade de Relacións Internacionais do campus de Ourense comezaría a súa actividade no edificio Xurídico-Empresarial, para posteriormente localizarse nun inmoble propio, cedido ou construído.

    “A UVigo poderá ofertar estudos que non había na comunidade autónoma e que cobren ámbitos nos que a sociedade demanda profesionais para acadar os retos dos vindeiros anos. É o caso da Intelixencia Artificial e das Relacións Internacionais, onde na Uvigo se vai ofertar a Mención en Xestión de proxectos e negocios internacionais, que son titulacións de ampla proxección”, destaca Alfonso Lago, que asumirá a Vicerreitoría de Profesorado, Docencia e Titulacións no novo equipo de goberno.

    Pola contra, o vindeiro curso 2022-2023 non se poderán implantar na UVigo os graos en Deseño e en Enxeñaría de Automoción con mención dual, unha cuestión sobre a que Lago explica que “se fixo todo o posible para que se puideran impartir no curso 2022/23. Neste intre, os graos teñen o informe positivo da Xunta de Galicia e están subidos ao portal do Ministerio, polo que se espera que se reciba pronto o informe correspondente da ACSUG, así que se segue a traballar nos procedementos establecidos para que se poidan incorporar ao catálogo de títulos da Universidade de Vigo no curso 2023/24”.

    A nova oferta de grao se completa no SUG coas 72 prazas de Xestión de Empresas Hostaleiras, que impartirá o Centro Superior de Hostelaría de Galicia, novo centro adscrito da USC.

    Dous mestrados exclusivos e dous interuniversitarios

    No caso dos mestrados, a UVigo estreará o vindeiro curso dous novos títulos en exclusiva: Enxeñería Biomédica (20 prazas), adscrito á Escola de Enxeñería Industrial, e Exercicio Terapéutico e Funcional en Fisioterapia (20 prazas), que se impartirá na Facultade de Fisioterapia. A estas titulacións cómpre engadir os títulos interuniversitarios en Intelixencia Artificial, que ofertarán as tres universidades con 60 prazas e o Máster en Desafíos das Cidades, que compartirán UVigo, USC e UDC con tres universidades portuguesas.

    “O mestrado en Enxeñaría Biomédica vén complementar o grao que se implantou no curso 2018/19 e conta coa colaboración do Servizo Galego de Saúde e, en particular, coa participación do persoal da Área Sanitaria de Vigo. Respecto, ao mestrado Universitario en Exercicio Terapéutico e Funcional en Fisioterapia será o primeiro na universidade no ámbito de Ciencias da Saúde e contará coa participación de importantes expertos”, detalla Lago, que tamén destaca o comezo do primeiro mestrado interuniversitario UNISF (Universidades Sen Fronteiras) de Desafío nas Cidades, onde ademais das tres universidades do SUG, participan a Universidade do Minho, Universidade de Porto e Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro.

    No caso da UVigo o vindeiro curso non se poderán poñer en marcha os mestrados en Enxeñaría Aeronáutica e en Ensinanza do Español como lingua estranxeira ou segunda lingua. “Neste caso tamén se segue a traballar nos procedementos establecidos para que se poidan incorporar ao catálogo de títulos da Universidade de Vigo no curso 2023/24.”, apunta Lago.

    No resto de universidades do SUG, a USC sumará á súa oferta actual os mestrados en Dereito Transnacional da Empresa e das Tecnoloxía (en colaboración cunha universidade lusa); o Máster en Enxeñaría Ambiental e o Máster en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras. Mentres, a UDC incorpora os mestrados en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade; en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías e en Métodos en Investigación e Análise Social.

    Cara o vindeiro curso, a Escola Aberta de Formación Permanente renova a súa oferta co título de experto en Tecnoloxías cuánticas da información, coordinado polo docente e investigador Marcos Curty e que se impartirá no segundo cuadrimestre. Pola súa banda, os, ata de agora cursos de especialista en Auditoría e Contabilidade e en Negocio Dixital, pasarán a impartirse o vindeiro curso como mestrados de formación permanente. O catálogo de estudos complétase con outros catro títulos de especialista que xa se estaban a impartir: especialista en Ciberseguridade industrial; en Dereito laboral e seguridade social; en Electrónica para compoñentes de automoción e en Tradución para a industria do videoxogo.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español
    Local

    Arranca en la UVigo el primer coche autónomo conectado en un campus universitario español

    04 de Feb, 2026
    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature
    Local

    Investigadoras de la UVigo lideran un estudio sobre pesticidas publicado en la prestigiosa revista Nature

    29 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    Ya hay fecha para las elecciones al Rectorado de la UVigo

    24 de Ene, 2026
    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR