• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 24 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    UNIVERSIDADE DE VIGO

    Docentes de Uganda e Tanzania fórmanse na UVigo para salvar a brecha da IA en África oriental

    O obxectivo é impulsar nestes países a intelixencia artificial e a ciencia de datos
    Redacción por Redacción
    16 de Jul, 2024
    en Local
    0
    Docentes de Uganda e Tanzania fórmanse na UVigo para salvar a brecha da IA en África oriental

    Docentes de Uganda e Tanzania participan esta semana na Universidade de Vigo nun curso de formación organizado ao abeiro do proxecto internacional BHE Ahumain, Applied human machine intelligence in east Africa, unha iniciativa de cooperación educativa que ten como obxectivo impulsar a intelixencia artificial e a ciencia de datos no leste de África creando un plan de estudos que permita formar as enxeñeiras e enxeñeiros do futuro.

    A formación arrancou este luns no edificio Redeiras, onde foron recibidos pola vicerreitora de Investigación e Transferencia Belén Rubio; a directora da Área de Proxectos Internacionais de Educación, Eva Garea, e os tres responsables  deste proxecto na UVigo: a directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Rebeca Díaz, e os docentes Ana Fernández Vilas e Manuel Fernández Veiga, todos eles investigadores do Departamento de Enxeñaría Telemática e do centro atlanTTic.

    Formando aos formadores 

    A Universidade de Vigo é unha das 31 participantes nesta iniciativa internacional na que se reúnen universidades e empresas de España, Bélxica, Chipre, Tanzania, Uganda e Kenia.

    Levan traballando arredor de ano e medio e, nesta ocasión, chegan a Vigo tras unha semana de formación en Bélxica e previamente a viaxar a Chipre o vindeiro mes de setembro. “Nesta semana poderemos centrarnos en aspectos concretos que non se abordan polo xeral noutro tipo de formacións, como os da ética e o uso responsable da IA, por exemplo, e facer énfase na presentación de ferramentas avanzadas, boas prácticas e aplicacións a industria”, explica o profesor Manuel Fernández Veiga, coordinador do equipo da UVigo neste proxecto.

    O curso, que se prolongará ao longo de toda a semana, céntranse en diferentes temáticas relacionadas coa Intelixencia Artificial (IA) e Machine Learning (ML) e, máis concretamente, en técnicas e ferramentas para aprendizaxe distribuído, o despregue automático de aplicacións e a inclusión e garantía dos aspectos éticos nos diferentes usos e ferramentas da IA.

    “Haberá un día de seminarios para cada un destes temas”, salienta o coordinador do curso, ao que engade que no tempo que leva en marcha o proxecto avanzouse significativamente no desenvolvemento de material docente, tanto teórico como práctico, para 15 cursos sobre IA e ML que conforman a oferta formativa que despois se impartirá en distintas sedes en Tanzania e Uganda por parte dos profesores que agora están de visita na UVigo.

    “Valoramos estas actividades de formación de formadores de maneira moi positiva; na nosa experiencia contar cun grupo reducido de persoas que logo trasladan os coñecementos e boas prácticas á súa contorna e as adaptan ás súas necesidades e intereses é o mellor xeito de diseminar de forma eficaz as novas tecnoloxías, moito máis que ofrecer unha formación masiva e xenérica”, subliña o docente.

    O último paso será o de axudar no despregue dos cursos alí

    Posto en marcha a comezos de 2023, o proxecto Ahumain busca lograr que as empresas máis grandes de África adopten a IA para os seus procesos comerciais e para iso é preciso crear un “ecosistema de IA que reduza os seus costes de desenvolvemento, axude a crear aplicacións de IA adaptadas ás necesidades locais e que reduzan a súa dependencia de empresas estranxeiras”.  

    Para facelo posible, os socios deste proxecto traballan no deseño dun plan de estudos con diferentes especializacións e adaptado á situación de África oriental que conduza a unha nova xeración de enxeñeiras e enxeñeiros.

    Ao mesmo tempo, tamén se traballa en aplicacións da vida real de IA, implementación operativa e casos de negocios, para rachar coa teoría e dar paso a aplicacións prácticas.

    O proxecto está a media execución, por diante queda culminar o desenvolvemento do material para todos os cursos, previsiblemente antes de finais de ano, e, co material xa creado, pasar á fase de ‘master class’ na que varios dos docentes europeos visitarán Uganda e Tanzania para impartir alí unha mostra de parte destes cursos e testar así si resultan apropiados e se están ben calibrados para cada unha das universidades participantes.

    “O último paso será o de axudar no despregue e implantación destes cursos nas universidades e centros de ensinanza técnica do leste de África, así como garantir a continuidade e permanencia no tempo dos resultados acadados”, recalca o docente da UVigo.

    43

    Tags: investigaciónTanzaniaUgandaUniversidade de VigoUVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado
    Local

    El campus de Vigo, primero de España con servicio de vehículo autónomo conectado

    22 de Ene, 2026
    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina
    Local

    Luz verde de la Xunta al acuerdo para la descentralización de grado de Medicina

    19 de Ene, 2026
    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real
    Local

    Zona Franca y UVigo abren la puerta definitiva para convertir tu proyecto universitario en una empresa real

    19 de Ene, 2026
    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido
    Local

    Investigadores de la UVigo buscar frenar el progreso de la artrosis y estimular la regeneración del tejido

    16 de Ene, 2026
    Convenio entre Xunta y UVigo para crear un laboratorio especializado en computación cuántica óptica
    Local

    Convenio entre Xunta y UVigo para crear un laboratorio especializado en computación cuántica óptica

    15 de Ene, 2026
    Belén Rubio, candidata al Rectorado de la UVigo: «Tenemos que luchar por tener una universidad excelente»
    Local

    Belén Rubio, candidata al Rectorado de la UVigo: «Tenemos que luchar por tener una universidad excelente»

    14 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    por David Augusto
    22 de Ene, 2026
    0

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    por Redacción
    21 de Ene, 2026
    0

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    por Redacción
    19 de Ene, 2026
    0

    Radar, cambio de velocidad y obras: la VG20 viguesa se convierte en una encerrona

    Radar, cambio de velocidad y obras: la VG20 viguesa se convierte en una encerrona

    por Redacción
    18 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Maravillosa Praza das Apertas
    Más Vigo

    Maravillosa Praza das Apertas

    Esta es la vista nocturna de la Praza das Apertas, en la ciudad de Vigo, y que fue diseñada por...

    por Julio Alonso
    23 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    “A banda deseñada pode ser un lugar para escoitar a memoria”
    Libros

    “A banda deseñada pode ser un lugar para escoitar a memoria”

    Con motivo da publicación en novembro do volume recompilatorio das serie de cómic dedicada a Castelao, falamos co seu ilustrador,...

    por Octavio Beares
    18 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    Vigo acogerá el preestreno de ‘Rondallas’: día y sala para la película rodada en las Rías Baixas
    Opinión

    De la película «Rondallas» y del poder sanador de la comunidad

    Este diciembre pasado tuvimos la reunión de colaboradores de VigoE en un local de la zona vieja de Vigo. La...

    por Alba García Moreira
    14 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR