Este contrato sae en dous lotes diferenciados así que, por unha banda, se adxudicará a actualización da cartografía, á que se presentaron 11 empresas cun importe de case 400.000 euros de licitación e, por outra, a revisión do documento, á que se presentaron cinco empresas, un orzamento de 2,3 millóns.
O contrato de revisión do PXOM quedou deserto na anterior licitación. O prazo de elaboración é de catro anos -cunha prórroga dun exercicio- aínda que as previsións municipais pasan por non esgotar ese tempo.
De xeito paralelo, o Concello está a desenvolver medidas paralelas que permiten desbloquear unha parte do urbanismo vigués. A ordenación provisional permitirá que 50.000 titulares catastrais poidan solicitar a súa licenza de construción antes de que remate o ano, segundo se determinaba no Plan de 2008.
A esta medida hai que sumar a aplicación da chamada Lei Vigo e os plans de Bouzas e o Casco Vello, o que suporá poder desenvolver o 40 por cento da capacidade de actuación recollida no documento anulado.