A acción, segundo informou o BNG, enmárcase dentro dos actos da III Semana da Patria para «afirmar o noso orgullo de sermos galegos e galegas e reivindicar o noso dereito como pobo a decidir o noso propio futuro conquistando a plena soberanía nacional para Galiza”.
«Unha reivindicación que este ano ten un tratamento máis especial, ao se cumprir cincuenta anos da recuperación da celebración do Día da Patria Galega, impulsada polo nacionalismo galego na altura de 1968», explican desde a fronte nacionalista.
Os actos da III Semana da Patria continuarán este domingo, cun roteiro reivindicativo na Illa de San Simón, no que o deputado Luís Bará exercerá de guía. Programa completo aquí: http://bit.ly/2me7MYD