• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 2 de diciembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Cultura xaponesa, rock, lingua de signos e apicultura nos obradoiros da Uvigo

    A oferta para o segundo semestre inclúe tamén teatro, música, agricultura ecolóxica ou apicultura
    Redacción por Redacción
    04 de Feb, 2020
    en Local
    0
    Cultura xaponesa, rock, lingua de signos e apicultura nos obradoiros da Uvigo

    O programa de obradoiros do segundo cuadrimestre da Universidade de Vigo chega cargado de natureza, música e moitas novidades. En total, ao longo dos próximos meses desenvolveranse doce cursos, cinco dos cales se impartirán por primeira vez e xirarán arredor de temáticas como a apicultura, a  cultura xaponesa, enxertos de árbores, o mundo ‘maker’ e as oportunidades de ocio inclusivo.

    A oferta complétase con algúns dos obradoiros clásicos de Extensión Universitaria, como o de teatro, a aula de música tradicional, a horta ecolóxica, cosmética natural e a lingua e cultura xorda, aos que se suman os de ukelele e o de poética do rock, que se estrearon, con moi boa acollida, no primeiro cuadrimestre. O prazo de matrícula para todos eles está aberto ata o 12 deste mes.

    O obradoiro de apicultura é unha das principais novidades. Terá un mes de duración, entre o 4 de abril ao 5 de maio, e constará de parte teórica e práctica, na que se empregará o material utilizado en apicultura, de xeito que unha vez rematado o obradoiro, todo alumno sexa quen de atender unha alvariza, dende o coidado das colmeas ata a obtención de produtos como mel, pole, cera, xelea real, própoles ou hidromel.

    Outra proposta moi natural xira arredor dos enxertos de árbores froiteiras, ornamentais e hortalizas, que se desenvolverá do 22 de febreiro ao 14 de marzo. Constará de parte teórica e práctica, co obxectivo de que todas as persoas participantes aprendan a enxertar calquera variedade empregando as ferramentas máis axeitadas, realicen calquera tipo de acodo aéreo e terrestre e fabriquen insecticidas ecolóxicos. Entre outros temas, abordaranse os patróns compatibles con cada variedade ou a influencia das fases da lúa, tanto para enxertar coma para recoller pugas.

    Un dos cursos que se vén repetindo nos últimos anos e con moi boa resposta por parte da comunidade universitaria é o de cosmética natural. Desta volta, celebrarase do 19 de febreiro ao 6 de maio, con 30 horas de duración. Neste obradoiro aproveitarase a contorna do campus para aprender a identificar e aproveitar as plantas para facer produtos de cosmética natural, como macerados ou oleatos, tinturas medicinais, xabón e produtos de limpeza do fogar, pasta de dentes, cremar hidratantes, etc.

    Tamén repite o obradoiro práctico de horta ecolóxica, que arrancará o 2 de marzo e se estenderá ata mediados do mes de xullo. O obxectivo é que as e os asistentes poidan aprender a deseñar e xestionar un espazo para a creación dunha horta ecolóxica, coñecer os métodos e mecanismos utilizados na agricultura ecolóxica e aprender a planificar os cultivos ao longo do ano.

    Xapón dende a distancia
    O obradoiro sobre o Xapón é tamén novo dentro da oferta de Extensión Universitaria e tratará de achegar ás e aos participantes a cultura, tradición, escritura e gastronomía xaponesa, así como as oportunidades de traballo no país asiático. Poderán obter coñecementos básicos do idioma e as formas de escritura (hiragana, katakana, kanji), as claves da historia da cultura audiovisual xaponesa (manga, anime, videoxogos…), algunhas receitas de cociña e tamén as principais barreiras á hora de adaptarse ás cultura xaponesa. O curso terá unha duración de 30 horas e desenvolverase entre o 2 de marzo e o 20 de abril.

    Tamén é novo na oferta o obradoiro de iniciación ao mundo ‘maker’, que se desenvolve do 20 de febreiro ao 5 de marzo orientado a persoas cun coñecemento moi básico de deseño, fabricación aditiva e programación de microcontroladores. Trátase de que poidan coñecer a traxectoria do movemento ’maker’, as diferentes contornas de desenvolvemento para a programación de microcontroladores e os fundamentos da súa programación en distintas linguaxes.

    A última novidade deste cuadrimestre é un curso para xerar oportunidades de ocio inclusivo que terá lugar a segunda quincena de marzo. A finalidade é formar á comunidade universitaria en valores sociais, de convivencia, igualdade, e civismo e sobre os aspectos referentes á diversidade funcional, capacitándoos para xerar oportunidades de inclusión. Trátase de que adquiran ferramentas para intervención e a mellora da autonomía das persoas con diversidade funcional e para a intervención educativa a través do ocio e o tempo de lecer.

    Tamén ten unha perspectiva social o obradoiro sobre lingua e cultura da comunidade xorda, que se impartirá do 18 de febreiro ao 21 de abril na Facultade de Filoloxía e Tradución. O obxectivo é que as e os participantes poidan coñecer a lingua visoxestual e reflexionen sobre algunhas das crenzas erróneas sobre as linguas de signos e a comunidade e cultura xorda ao tempo que adquiren un nivel comunicativo básico da lingua de signos española (LSE) e coñecen o contexto social, lingüístico, cultural e educativo no que se desenvolven as persoas xordas.

    Música e teatro consolídanse na programación
    A música é outro dos eixos fundamentais da oferta cultural da Universidade de Vigo no segundo cuadrimestre. Por unha banda repite, tras o éxito do primeiro cuadrimestre, o obradoiro básico de ukelele entre o 21 de febreiro ao 15 de maio. Aínda que non se requiren coñecementos previos, é imprescindible que as e os participantes teñan cadanseu instrumento. Nas sesións aprenderán afinación e mecánica, linguaxe musical, cifrado de acordes, técnicas de acompañamento, tonalidades e escalas ou harmonía e composición.

    Outra alternativa é a aula de música tradicional do campus, que comprende tanto canto como percusión, gaita e baile tradicional galego. O obradoiro, unha continuación do primeiro cuadrimestre, terá lugar do 17 de febreiro ata finais de abril e, dunha forma amena e práctica, permitirá ás persoas asistentes coñecer a base de cada un dos fundamentos de cada instrumento, as cancións en cada un dos ritmos básicos en cada instrumento e a parte técnica e cada unha das seccións, así como os puntos e bailes típicos de cada provincia de Galicia.

    O obradoiro sobre poética do rock xurde tamén como continuación dun do primeiro cuadrimestre sobre ideoloxía na música do século XX. Desta volta, do 23 e abril ata o 4 de xuño, as e os matriculados coñecerán as principais figuras da música folk, rock e pop dos séculos XX e XXI con produción poética co fin de diluír a fronteira entre os dous xéneros.

    Completa a oferta o tradicional obradoiro de teatro, aberto tan só ás persoas que xa estiveron matriculadas no primeiro cuadrimestre. Entre febreiro e maio prepararán unha montaxe que se representará na Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu.

    43

    Tags: TalleresUVigo

    RelacionadosArtículos

    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia
    Local

    La UVigo da por «muerto» el pacto para descentralizar Medicina y sigue el trámite como titulación propia

    01 de Dic, 2025
    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas
    Local

    La UVigo y el Celta avanzan en la creación de un futuro centro adscrito para impartir titulaciones conjuntas

    24 de Nov, 2025
    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina
    Marítima

    El Puerto cede un amarre para el nuevo buque oceanográfico de la UVigo, referente en investigación marina

    21 de Nov, 2025
    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger
    Local

    África González, catedrática de Inmunología de la UVigo, premio María Josefa Wonenburger

    20 de Nov, 2025
    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»
    Local

    «Reimaginar y modernizar» la UVigo, el reto del tercer aspirante a rector: «No será fácil»

    18 de Nov, 2025
    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos
    Local

    La descentralización de Medicina empezará por 5º en los dos próximos cursos

    17 de Nov, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Los vigueses perdieron 34 horas al volante en los atascos

    «No se toman medidas hasta que hay una desgracia, y no será por falta de advertencias»

    por Redacción
    01 de Dic, 2025
    0

    Vigo revalida el liderato de los supermercados más baratos de España

    Un histórico hipermercado levanta su persiana tras una remodelación completa

    por Redacción
    25 de Nov, 2025
    0

    La Navidad de Vigo recibe su primera avalancha: colapso en túneles y accesos

    La Navidad de Vigo recibe su primera avalancha: colapso en túneles y accesos

    por Redacción
    30 de Nov, 2025
    0

    Semana de ilustres (y esperados) estrenos en la calle Príncipe

    Tras un año en Vigo, la perfumería ‘low cost’ por excelencia se expande a Vialia

    por Redacción
    28 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Un gran tranvía para un gran Vigo
    Más Vigo

    Un gran tranvía para un gran Vigo

    Casi al final de este año 2025 ha salido a la luz un libro muy interesante sobre los tranvías de...

    por Julio Alonso
    01 de Dic, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar
    Libros

    Laura Torres nos invita a regresar a nuestras raíces en Libros para soñar

    La escritora viguesa Laura Torres regresa este viernes, 28 de noviembre, a su ciudad natal para presentar Beland, mi lugar...

    por David Augusto
    27 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Los querubines son de Vigo
    Opinión

    Los querubines son de Vigo

    Lo que muestra esta fotografía es el estado actual de una de las zonas más significativas de la ciudad de...

    por Julio Alonso
    30 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR