Aliás, Igrexas instou o PP a poñer fin á política de “permanente abandono” que aplica a Xunta coa principal cidade de Galicia. “Se queren convencer á cidadanía de que a Xunta está con Vigo o que teñen é que emendar radicalmente as súas políticas”, reclamou o edil.
“Teñen unha oportunidade para demostrar ese cambio de inmediato: que revertan os recortes educativos que van aplicar o vindeiro curso en varios centros da cidade, acrecentou. Neste sentido, o voceiro nacionalista mencionou expressmente a supresión de unidades educativas nos CEIP Valle Inclán e Eduardo Pondal.
“É claro que Corina Porro non volveu a Vigo para exercer de delegada da Xunta, se non a desempeñar como comisaria de Propaganda do PP”, declarou Igrexas. “Parécenos moi ben que exerza ese papel, pero que non o faga cos cartos de todos e todas”, remachou.