O acto, que se desenvolverá a partir das 20.00 horas xunto a lámpada de rúa situada en Urzaiz, está enmarcado dentro dunha serie de concentracións que se celebrarán de xeito simultáneo nas principais cidades galegas.
Non é a primeira vez que estes colectivos saen á rúa da cidade olívica para criticar as decisións que se están a tomar dende o Goberno central con respecto á situación política que vive Cataluña, especialmente dende as cargas policiais que se produciron durante a celebración do referendo do 1 de outubro. A última desas protestas tivo lugar o pasado venres no mesmo emprazamento.