• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 13 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    uvigoé

    Conta atrás para a botadura do «Boleiro», primeiro barco solar da Universidade de Vigo

    A previsión é que sexa a finais de mes e que se estree nunha competición en Mónaco no mes de xullo. Este proxecto naceu da man do alumnado da EE de Telecomunicación
    Redacción por Redacción
    06 de Mar, 2022
    en Local
    0
    Conta atrás para a botadura do «Boleiro», primeiro barco solar da Universidade de Vigo

    O "Boleiro I", da UVigo.

    Finais de marzo.  Esta é data que teñen en mente as alumnas e alumnos da asociación CES-UVigo para a botadura do que será o primeiro barco solar da Universidade de Vigo, unha proba de fogo para un proxecto nacido hai apenas dous anos da man dun grupo de estudantes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación que, guiados polo fundador da empresa Marine Instruments, Francisco Pino, puxeron en marcha un proxecto ilusionante: a construción dun trimarán propulsado unicamente con enerxía solar. O barco é xa unha realidade e acaban de bautizalo como Boeiro I, illote menor do arquipélago das Cíes, illas  que, dalgún xeito, xa estaban presentes no propio nome do equipo, CES, acrónimo de Clean Energy Ship, que pronunciado en inglés recorda ás illas da costa viguesa. “Quixemos continuar con esa liña que establecemos desde o principio e levar sempre presente a nosa terra”, explica a líder do equipo, Lorena Gil, estudante do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación e cabeza visible  dun equipo composto na actualidade por 13 alumnas e alumnos das tres escolas de enxeñaría do campus de Vigo: Enxeñaría de Telecomunicación, Enxeñaría Industrial e Enxeñaría de Minas e Enerxía.

    Por diante quédanlle aínda unhas semanas de intenso traballo nas que se centrarán na fabricación da cuberta sobre a que irán os paneis solares. O obxectivo é facer un primeiro test do funcionamento da embarcación e facelo coa marxe temporal suficiente para que a embarcación chegue a xullo, data fixada para a súa estrea nunha competición internacional en Mónaco, en condicións óptimas. “Contamos con ter rematado a finais de mes e facer xa a botadura para poder probar os sistemas fabricados ata agora e comezar o proceso de mellora e optimización”, explica a responsable do equipo, ao que engade que “a idea é detectar con marxe de tempo os posibles puntos de mellora e alcanzar o maior rendemento en termos de potencia, eficiencia e velocidade”.

    400 células fotovoltaicas farán que o Boeiro “voe” sobre a auga

    Actualmente o Boeiro conta cun primeiro deseño dos foils, as superficies de contacto mergulladas na auga que crean unha forza de sustentación que eleva o casco da embarcación fóra da auga, reducindo drasticamente o rozamento do barco contra o mar, o que lle permite alcanzar unha maior velocidade. “Fabricámolos mediante técnicas de infusión por baleiro, cun núcleo de madeira ou escuma de alta densidade, e un exterior reforzado con láminas de carbono”, salienta Gil, ao que engade que todos os mecanismos que levan os foils son de deseño e fabricación propia. “Empregamos técnicas de fabricación que nos dan un amplo rango de mellora nas pezas, como é a fabricación aditiva ou o fresado. Desta maneira estamos sempre en continua mellora dos sistemas que deseñamos, cun baixo custo”, recalca a estudante.

    Por outro lado, as baterías estarán alimentadas por unhas 400 células fotovoltaicas situadas na cuberta da embarcación, que subministrarán a enerxía necesaria para facer que o Boeiro “voe” sobre a auga. “Ademais o barco contará cun sistema de telemetría que permitirá monitorizalo e actuar sobre os foils para estabilizar a navegación, ademais de permitir manter unha comunicación constante co piloto”, engade Gil.

    Cita en Mónaco con 35 equipos de 20 nacionalidades

    A primeira competición na que participará o Boeiro I é a Mónaco Energy Boat Challenge, do 4 ao 9 de xullo, un encontro do que formarán parte 35 equipos de 20 nacionalidades. Organizado polo Yacht Club de Monaco, incubadora que apoia o I+D de iates, esta cita ten como principal obxectivo estimular a creatividade, tanto das enxeñeiras e enxeñeiros que están en proceso de formación, como da propia industria, de cara a desenvolver métodos de propulsión utilizando enerxía limpa.

    “Quédanos moito por aprender e perfeccionar de cara á competición. Queremos ter un barco competitivo, que dea o mellor de si mesmo en Mónaco, e poder volver cunha morea de ideas novas para incorporar nas competicións que están por chegar”, explica a alumna, quen tamén fai fincapé en que unha das principais finalidades deste tipo de competicións é “poder pór en común cos outros equipos universitarios deseños e ir mellorando ano tras ano”. 

    Na procura de novos patrocinadores e integrantes para o equipo

    Neste momento o equipo atópase en pleno proceso de captación de novos patrocinadores que se sumen aos que xa teñen na actualidade –Marine Instrumentes, Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e Vigo Tecnolóxico- e que lles axuden a conseguir os fondos necesarios que lles permitan sufragar os gastos que suporá o desprazamento a Mónaco. “Actualmente Marine Instruments é o noso maior patrocinador, achegándonos axuda técnica e os materiais necesarios para a fabricación dos diferentes compoñentes do barco”, apunta Gil, quen tamén quere destacar o apoio da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e dos docentes que a compoñen, “indispensable para poder ter un espazo preto das aulas e avanzar nas tarefas máis técnicas”.

    Ademais de novos patrocinadores, desde o equipo destacan tamén que, aínda que teñen prazos específicos para a ampliación de integrantes, estarán encantados de falar con todas as persoas que poidan estar interesadas neste proxecto. “Dende o inicio tivemos en conta que era preciso expandir o proxecto ao resto das titulacións do campus”, recalca Gil, quen se marca como un dos retos para esta tempada “dar a coñecer o equipo, tanto nas carreiras máis técnicas como nas humanísticas, para conseguir un grupo de persoas máis interdisciplinario e no que os integrantes poidamos coñecer de primeira man os labores que se levan a cabo en carreiras alleas ás propias”.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Actualidad

    El CESGA cooperará con UVigo y USC con la creación de dos laboratorios cuánticos compartidos

    12 de Ene, 2026
    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico
    Local

    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico

    12 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    El Supremo reconoce el derecho a la subida salarial del personal investigador de la UVigo

    12 de Ene, 2026
    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rebajas de Vigo
    Más Vigo

    Rebajas de Vigo

    Esta fotografía da testimonio de la aglomeración de gente que llenó las calles de Vigo durante los primeros días de...

    por Julio Alonso
    12 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR