«Queremos a construcción de parking no exterior do hospital nos terreos municipais e da Xunta e mentras non estean construidos a gratuidade no parking interior para os usuarios», apuntan dende a xunta de persoal.
Na convocatoria tamén piden que o Sergas e a concesionaria «poñan fín as colas e demoras da primeira hora da mañá pola pésima ubicación das entradas no mesmo. Por iso queremos que permitan aos traballadores aparcar no parking do público donde hai espazos dabondo. Igualmente queremos outra entrada mais no parking. A demora no parking repercute no ts traballadores e na atención o doente».
Ademáis, os traballadores reclaman que as multas queden sin efecto (algunhas persoas acumulan varias), xa que había por parte do Concello un posicionamento público de non retirar nin sancionar os vehículos que non impediran o funcionamente de ambulancias nin autobuses públicos.