Esta situación xa fora denunciada pola Asociación de Veciños no ano 2018 e este pasado verán. Ademais, o pasado 1 de agosto celebrouse unha concentración no lugar do afundimento, esixindo unha actuación da administración local.
“A denuncia é a mobilización veciñal conseguiron que o Goberno municipal comezara a reparar a Baixada á Lagoa. Se non, aínda estariamos agardando por unha solución”, sinalan desde a asociación.
A plataforma veciñal de Teis tamén lembra que nesta zona hai un muro en risco de derrubo, que está sinalizado desde hai meses. A asociación, nunha xuntanza celebrada este xoves coa concelleira de Urbanismo, reiterou a súa petición para que se esixa ao propietario do muro a súa reparación.