Ao longo de 2016 disporán de 4.436 prazas, 676 más que o ano anterior, e a gran novidade do novo modelo e que, por primeira vez, contarán cunha reserva de 434 prazas gratuítas dedicadas ás persoas con escasos recursos económicos ou en risco de exclusión, que ate agora non podían acceder a este programas.
Depotermal contará con dous programas distintos. O primeiro para estadías diúrnas nos balnearios con tratamentos de luns a venres e, o segundo, incluirá a pernoctación nos hoteis. Os concellos que queiran participar neste programa deberán adherirse ao mesmo unha vez que salgan publicadas as súas bases no Boletín Oficial da Provincia.
A estadía diúrna conta con 1.248 prazas, das cales 248 son gratuítas, e o resto contarán cunha subvención de 40 euros sobre o custe total. As prazas gratuítas serán repartidas entre os 62 concellos, tocando cada administración local a catro prazas. Para o resto se estipula tamén unha puntuación para o acceso ao programa segundo as rendas económicas dos pensionistas ou persoas necesitadas do denominado “respiro social”.
O segundo programa, no que os participantes, pasarán cinco días de estadía nos balnearios coas súas respectivas noites, tamén de luns a venres, se ofertan un total de 3.186 prazas. Delas 186 serán gratuítas e se repartirán entre os concellos da provincia en número de tres por cada un. Para poder optar a algunha das prazas reservadas para as persoas sen recursos, en calquera dos dous programas, os participantes deberán achegar un informe dos técnicos sociais de cada concello que acrediten a súa situación persoal que será remitido por estes servizos á propia Deputación.
As solicitudes para participar en calquera dos dous programas deberán presentarse unha vez que se publiquen as bases na Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) e no correspondente prazo sinalado nestas mesmas bases. A Deputación de Pontevedra comunicará oficialmente cando se van a poden facer as solicitudes.