• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    lunes, 9 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    novo hospital de vigo

    Carmela Silva reclama á Xunta a reversión da concesión do Cunqueiro

    A presidenta da Deputación de Pontevedra comparece no Parlamento de Galicia para presentar os orzamentos de 2016. Silva critica que o goberno galego obrigue ao Concello de Vigo a entregar terreos para a construción da cidade da xustiza
    Redacción por Redacción
    05 de Nov, 2015
    en Local
    0
    Carmela Silva reclama á Xunta a reversión da concesión do Cunqueiro

    Entre esas demandas Carmela Silva reclamou da Xunta a reversión da concesión de forma inmediata do Hospital de Vigo porque «é un escándalo o que está a acontecer con ese hospital privatizado, reducido e con graves carencias técnicas e sanitarias».

    De igual xeito, criticou que a Xunta obrigue aos concellos a entrega de terreos para construir esas infraestruturas que son da súa competencia, como fai no caso de Vigo, coa cidade da xustiza, ou que non asuma as necesidades en materia sanitaria como a construción do novo centro de saúde de Bouzas.

    Carmela Silva detallou un orzamento para o ano 2016 no que «a distribución será xusta, obxectiva e equitativa. Acabáronse as dádivas do anterior presidente. Acabouse a libre disposición de millóns de euros».
    A presidenta da Deputación recordou que ate de agora os orzamentos da institución provincial estaban baseados en subvencións nominativas, millóns de euros para que o anterior presidente, Rafael Louzán do Partido Popular, distribuíra de xeito partidista e na supeditación dos concellos ao organismo provincial. «Acabáronse -subliñou Silva- os repartos por simpatía, proximidade, afiliación ou intereses electorais. Comeza un novo modelo igualitario e xusto».

    Nesta liña, a presidenta, insistiu que esta «nova Deputación» trata de «igual a igual» aos 62 concellos da provincia e «baixo os principios de equidade, concertación, cooperación e colaboración» . «Agora -continuou Carmela Silva- cumprirase a lei e outorgarase por concorrencia, garantindo a igualdade, a transparencia, o equilibrio e unha distribución baseada en criterios obxectivos». De feito para as transferencias aos concellos da provincia o orzamento provincial contempla que o 30 por cento dos recursos sexan adicados ao fondo local.

    Como exemplo da política anterior, a presidenta, puxo as áreas de deporte e turismo onde producíanse unha amalgama de actuacións, subvencións, patrocinios e convenios sen unha finalidade clara e sen un plan de actuación que permitise definir con claridade a política deportiva e turística que facía a Deputación. » O noso novo sistema centrarase en garantir o acceso ao deporte para todas e todos os cidadáns da provincia. Máis e mellor deporte pero cun uso planificado dos recurso».

    Turismo

    Igualmente, con respecto ao turismo, Carmela Silva anunciou un plan global para a posta en valor de todos os recursos cos que conta a provincia de Pontevedra. Entre os outros eixos de maior importancia política para o novo goberno da Deputación de Pontevedra, o do emprego é fundamental. Así o demostra o adicar o 20 por cento do orzamento para este fin «con políticas ligadas a xeración de emprego baixo as premisas de máis e mellor traballo, máis e mellor formación, máis e mellor apoio as empresas, máis e mellores infraestruturas provinciais para favorecer a implantación de industrias e, con iso, xerar riqueza e emprego», subliñou Carmela Silva.

    A creación do servizo de Igualdade, para coordinar as actuacións cos concellos en materia de dereitos das mulleres e, sobre todo, de loita contra as violencias machistas e o servizo de Cohesión Social e Mocidade, para o apoio aos colectivos máis desamparados, son outros dos exemplos desta nova Deputación.

    Dentro do espírito de máxima colaboración cos concellos da provincia, Carmela Silva destacou, a posta en marcha dun servizo de asesoramento xurídico-técnico para estas entidades, «sobre todo as máis pequenas, onde os funcionarios non poden atender todas as necesidades nestes aspectos. Un servizo que a maior parte dos alcaldes e alcaldesas veñen pedíndonos en todas as xuntanzas con eles».

    Outro dos eixos, fundamentais, será o garantir a sostenibilidade do medio natural «con actuacións – sinala Silva- das que quero destacar a aposta pola compostaxe e pola mellora dos montes da nosa provincia» co reparto de compostoiros entre os concellos e entidades veciñais.

    Orzamento

    Para todo elo o orzamento da Deputación de Pontevedra para 2016 ascenderá a preto de 152 millóns de euros, o que representa un incremento do 2,4% sobre o 2015. Conleva un aforro de 53 millóns de euros, amortizará débeda en 14 millóns e o aforro neto a final de ano será de 39 millóns de euros.

    A presidenta da Deputación de Pontevedra mantivo tamén na súa intervención a necesidade de que a Xunta de Galicia, cuxos orzamentos están agora en trámite no Parlamento, inclúan recursos suficientes para facer fronte ás demandas do conxunto dos concellos da provincia. Entre eles, Carmela Silva, destacou a reparación e modernización dos centros educativos «que se atopan, en moitos casos, en situacións intolerables». O mantenemento dos centros de saúde e a construción de novos centros de atención sanitaria que «levan anos reclamando os alcaldes e alcaldesas e que en moitos deles ata cederan os terreos», son outras das peticións.

    Tamén reclamou a ampliación de Montecelo en Pontevedra «e que se renuncie á construción dun novo hospital que só serviría para favorecer o negocio duns poucos», subliñou Silva.

    En benestar social, a posta en marcha dos centros de día xa construídos, como é o caso de Redondela ou Cambados, ou a construción de novos equipamentos de atencións os nosos maiores onde gobernos locais, como O Grove ou Silleda están dispostos a asumilos, foron destacados pola Presidenta.

    Entre outras demandas á Xunta, Carmela Silva destacou, de xeito urxente, a creación dunha mesa na que participen o conxunto das administracións, os responsables xudiciais e as asociacións de loita contra a violencia ás mulleres «ante os datos de asasinatos de mulleres deste ano pola violencia machista».

    Plan de emprego

    Por outra parte, a Presidenta da Deputación demandou ao goberno de Núñez Feijoo»que se elabore un plan galego de emprego e medidas para o retorno de emigrantes que tiveron que abandonar Galicia froito da crise económica» dado que é un dos principais problemas que teñen os pontevedreses e pontevedresas.

    Por último, Carmela Silva, fixo unha reflexión política sobre a necesidade de un «cambio radical no modus operandi do conxunto da administración do estado» para que as facendas locais dispoñan dos recursos suficientes para o desempeño das funcións que a lei lles atribúe «para que se establezan con claridade competencias, financiamento e unha posición igualdade con respecto ao resto das administracións do Estado. Esta modificación ten que garantir unha mellor e maior atención ás necesidades reais da cidadanía».

    Neste sentido, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, destacou que esta administración teña que comparecer no Parlamento de Galicia «para dar contas do noso orzamento e a outra administración non teña que facelo e, poño por caso, o Conselleiro de Facenda nos plenos da Deputacións «. «De feito -dixo Carmela Silva- invítolle a que compareza en Pontevedra para explicarnos cales son as partidas orzamentarias que contemplan os orzamentos da Xunta para a miña provincia».

    43

    RelacionadosArtículos

    PP y BNG alertan sobre un posible caos urbanístico en Vigo por el fin de la ordenación provisional
    Local

    El nuevo PXOM carbura: la obra nueva crece un 7% en 2025 en Vigo

    09 de Feb, 2026
    El Monte Aloia dicta sentencia entre el barro
    Atletismo

    El Monte Aloia dicta sentencia entre el barro

    09 de Feb, 2026
    La Diputación de Pontevedra eleva un 20% las ayudas sociales
    Local

    La Diputación de Pontevedra eleva un 20% las ayudas sociales

    09 de Feb, 2026
    Access World solicita una concesión de 5.000 metros cuadrados en el Puerto de Vigo
    Local

    Access World solicita una concesión de 5.000 metros cuadrados en el Puerto de Vigo

    09 de Feb, 2026
    Amaia, Xoel López y Eliades Ochoa se suman al PortAmérica 2026: así queda el cartel tras las nuevas confirmaciones
    Música

    Amaia, Xoel López y Eliades Ochoa se suman al PortAmérica 2026: así queda el cartel tras las nuevas confirmaciones

    09 de Feb, 2026
    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    En la UCI la mujer herida tras derrumbarse el paseo de Bouzas y su perro, rescatado

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro
    Más Vigo

    Antigua Rúa Zaragoza y Camiño de San Amaro

    Esta antigua fotografía tomada a principio de los años noventa del pasado siglo XX, y realizada con la clásica película...

    por Julio Alonso
    09 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Un total de 36 poemas de nova creación para denunciar a actual situación política de Arxentina
    Libros

    Elvira Jardón invoca lo sagrado en un viaje poético hacia la ‘venerable energía’

    La poesía, cuando se ejerce desde la honestidad, tiene la capacidad de actuar como un puente entre lo tangible y...

    por Redacción
    03 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR