Nun acto moi emotivo no que participaron, ademais do alcalde de Vigo, o artista Antón Pulido e o director da editorial Elvira, Javier Romero, descubriuse este venres unha placa na rúa Carlos Oroza, poeta -ata o de agora coñecida como Travesía de Príncipe. Durante o acto, Caballero avanzou a súa vontade de transformar esta rúa nunha praza.