• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    jueves, 23 de marzo de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Caballero saca músculo no balance dos tres anos de mandato: “Vigo, cidade de éxito”

    O alcalde sostén que o seu goberno supuxo “un cambio sen precedentes en ningunha cidade de Europa en tan pouco tempo”. Marea de Vigo critica o “retroceso na participación democrática”
    Redacción por Redacción
    16 de Jun, 2022
    en Local
    0
    Caballero saca músculo no balance dos tres anos de mandato: “Vigo, cidade de éxito”

    Foto de familia do Goberno local, este xoves. / Foto: Concello de Vigo

    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Abel Caballero fixo este xoves balance da súa xestión, cando se compren tres anos do actual mandato e 15 anos desde que é alcalde. Baixo o título “3+3 Vigo: cidade de éxito”, o rexedor debullou no Auditorio Municipal as principais actuacións desenvolvidas polo Concello neste período.

    Segundo sostivo, supuxeron “un cambio sen precedentes en ningunha cidade de Europa en tan pouco tempo”. Arrancou referíndose á máis grande inversión da Historia, con 358,6 millóns nos últimos tres anos, unha cifra que permitiu humanizar 146 rúas, das que 94 xa están rematadas e 42 en marcha. Nos 3+3 (tres mandatos e tres anos), o número de rúas humanizadas elévase a 1.048, actuando en toda a cidade e primando zonas que nunca foran atendidas.

    Outra das cuestións más relevantes no capítulo de investimentos son as “humanizacións 5.0”, as actuacións no Vigo Vertical, unha forma de resolver o problema orográfico da cidade. Ascensores ou ramplas mecánicas, todos os que xa están a funcionar e as que xa están previstas, desde o colexio Losada ata Ramón Nieto e ao Centro de Saúde de Lavadores; as ramplas de Escultor Gregorio; entre Camelias e Hispanidade, entre outras.

    Respecto das dotacións deportivas, mellorouse o céspede e a iluminación do campo de fútbol do Vao; acometéronse reformas nos campos de Navia, Meixoeiro, Candeán, A Bouza, Bouzas, A Guía, Fragoselo, Monte da Mina, As Relfas Sárdoma e San Andrés de Comesaña. Construíronse os pavillóns de Quirós, Romil e os dous dos baixos de Balaídos. Mención aparte merece este estadio municipal, que está a ser remodelado integralmente co apoio económico exclusivo de Concello e Deputación.

    No capítulo de investimentos non esqueceu as cubricións e reformas de patios de colexios e zonas de xogos, a ETA -cun orzamento de  25 millóns de euros, os aparcamentos de Matamá e das piscinas de Teis; as melloras no túnel de Beiramar, o paseo marítimo de Bouzas; melloras de eficiencia enerxética, como a instalación de 14.410 novas luminarias LED, co conseguinte aforro en consumo e menos emisións; a construción do aparcamento municipal do Álvaro Cunqueiro; ou a instalación de 5.000 bancos, unha cuestión moi importante para unha gran parte da cidadanía xa que lle permite saír á rúa con tranquilidade.

    Desde o ano 2007, a cidade conta con 143 novos parques, 83 deles reformados nos últimos tres anos, aos que se sumarán en breve o da Finca Matías, o de García Picher e o da rúa Coruña. Parques de grandes dimensiones como Castrelos, Teis, Venezuela, Navia, Barreiro, Praza Independencia, Bouzas e o Castro; ademais de 70 áreas bio-saudables. Skatepark en Barreiro, Navia, Calvario e O Castro e renovación e nova construción de pistas deportivas para as “pachangas”.

    Limpeza e medio ambiente

    Vigo conseguiu esta semana a súa oitava escoba de platino, o que a converte na cidade española con máis distincións pola limpeza das rúas. Conseguiu a primeira en 2008, e desde entón recibe unha cada dous anos, dado que é un recoñecemento bianual.

    Na súa intervención, Caballero destacou que Vigo está a traballar -coa oposición da Xunta – para solucionar o problema do abastecemento de auga que padece a cidade a súa área de influencia. Destacou a negativa do goberno autonómico a asumir o proxecto de transvase desde o Verdugo tal e como determina o estudo de alternativas do Goberno de España para garantir o abastecemento para os próximos 50 anos.

    O BNG de Vigo aspira a multiplicar apoios como alternativa “en positivo” cara as municipais de 2023

    Seguindo con iniciativas dentro do medio ambiente, aludiu ás hortas urbanas, aos sendeiros, aos humedais -os que xa están en marcha e os que se están recuperando. Prestou especial atención á recuperación da Xunqueira do Lagares, lembrando que no ano 2007 había unha depuradora, mentres que agora hai unha marabillosa zona medioambiental. Nesta mesma dirección se está a traballar nestes momentos en Goberna, o Vao, Fontes ou Pertegueiras. A ampliación da superficie dunar en Samil e o Vao; as praias caninas; 15 bandeiras azuis; o cinto verde que se “vai poñer en marcha de forma inmediata” e a reforma total de Vigozoo no que xa non haberá animais salvaxes en catividade, senón que será un centro de estudo da natureza.

    A nova depuradora, o “maior avance medioambiental da historia” financiouse con fondos europeos e municipais, sen apoio algún da Xunta que, sen embargo, se fai negocio con esta instalación a través do canon da auga, destacou Caballero.

    Na presentación deste xoves houbo unha especial mención á xuventude, con máis de 700.000 participantes en actividades formativas, lúdicas e deportivas desde 2008. Campamentos urbanos, cursos ou obradoiros ou rutas de divulgación científica pola Ría son algunhas das propostas destacadas. Non faltou O Marisquiño, consolidado como o maior festival de cultura urbana do mundo e ao que a Xunta non acaba de apoiar como merece. En todo caso, o alcalde garantiu a organización do evento ofrecendo o incremento da axuda municipal no caso de que o goberno autonómico non cumpra cos seus compromisos.

    Balance da Marea de Vigo

    Tamén fixo repaso dos tres últimos anos o grupo municipal da Marea de Vigo. A formación valora este tempo como un “retroceso na participación democrática e na construción dun Vigo socialmente integrador”. O partido entende que foron “uns anos complicados no ámbito municipal a raíz da paralización da actividade económica nos que os municipios tiveron que responder dunha maneira inmediata ás necesidades da veciñanza” pola Covid-19, en palabras de Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal.

    Ante a realidade vivida nos pasados tres anos, Marea de Vigo fai unha valoración negativa sobre as prioridades que o Goberno de Abel Caballero “decidiu asumir ante unha situación tan complexa”. En lugar de facer políticas activas de emprego ou de vivenda, con independencia de cal sexa a administración con máis competencias ao respecto, “o Goberno local dedicouse outra vez ás políticas inaugurables e de ornato, que unicamente buscan un impacto mediático e de oportunismo electoral mentres na nosa cidade hai centos de familias con importantes problemas de acceso á vivenda”, matiza o voceiro.

    A isto súmase “a situación de precariedade laboral en certos sectores como o dos servizos, algo que un concello debe ter como prioridades antes de políticas efectivistas anunciadas a bombo e prato nos medios de comunicación”, engade.

    Nestes pasados anos sucedéronse importantes modificacións lexislativas, sobre todo no relativo á utilización dos recursos económicos e o debate xerado sobre a necesidade de recursos dos concellos como o de Vigo para poder empregar eses recursos extra en políticas expansivas. Ante isto, “Marea de Vigo sempre sostivo que a maior parte deses recursos tiñan que dedicarse a construír ese escudo social, unha cobertura que lle dera garantías á veciñanza para que ante a subida dos prezos e os problemas de acceso á vivenda a administración dera unha resposta”, subliña Rubén Pérez.

    Para Marea de Vigo, é prioritario seguir construíndo un espazo de unidade baixo a premisa de desenvolver un modelo de cidade para as persoas en contraposición ao modelo do Goberno actual, que dá prioridade ás concesionarias e aos intereses privados. “A nosa loita será sempre para a construción dunha cidade para toda a veciñanza e para os intereses da maioría”, conclúe Pérez.

    Tags: Abel CaballeroMarea de Vigopolítica

    RelacionadosArtículos

    Podemos Galicia avanza acuerdos de candidaturas de unidad en seis de las siete ciudades gallegas sin concretar cuáles
    Local

    Podemos Galicia avanza acuerdos de candidaturas de unidad en seis de las siete ciudades gallegas

    18 de Mar, 2023
    Ethel Vázquez: «Sorprende que el secretario de Estado venga a Vigo y solo hable con el alcalde»
    Local

    Ethel Vázquez: «Sorprende que el secretario de Estado venga a Vigo y solo hable con el alcalde»

    18 de Mar, 2023
    Abel Caballero destaca el "buen momento" en la política municipal en el PSOE: "El 28M va a haber muy buen resultado"
    Local

    Caballero ve al PSOE en «buen momento» para el 28M: «Va a haber muy buen resultado»

    18 de Mar, 2023
    Aqualia inaugura as súas novas oficinas en Vigo, un exemplo de entorno sostible, dixital e innovador
    Local

    Aqualia inaugura as súas novas oficinas en Vigo

    13 de Mar, 2023
    estado de las obras de Balaídos
    Local

    El BNG, sobre Balaídos: «Caballero prometió el Guggenheim del fútbol y vamos camino de una mala copia de la Sagrada Familia»

    13 de Mar, 2023
    Marea afirma que las obras de Porta do Sol son «la versión viguesa de la Cidade da Cultura de Santiago»
    Local

    Marea afirma que las obras de Porta do Sol son «la versión viguesa de la Cidade da Cultura de Santiago»

    10 de Mar, 2023

    Más Vistos

    Aitana renuncia a actuar este año en Castrelos, cuyo cartel está “prácticamente cerrado”

    Aitana renuncia a actuar este año en Castrelos, cuyo cartel está “prácticamente cerrado”

    por Redacción
    17 de Mar, 2023
    0

    El Camiño da Seara, en la ciudad de Vigo, es una zona pendiente de desarrollar urbanísticamente

    El Vigo que va desapareciendo

    por Julio Alonso
    16 de Mar, 2023
    0

    Detenida la presunta autora de la quema de vehículos de madrugada en Tui

    Detenida la presunta autora de la quema de vehículos de madrugada en Tui

    por Redacción
    20 de Mar, 2023
    0

    El nuevo Centro de FP de Ourense y viviendas de Vigo y Santiago, entre los premiados por el Colexio de Arquitectos

    Casa Tomada de Vigo, la mejor vivienda del año para el Colexio de Arquitectos de Galicia

    por Redacción
    18 de Mar, 2023
    0

    Acepta dos años de cárcel el conductor que se estrelló contra un muro, causando la muerte a su acompañante

    por Europa Press
    22 de Mar, 2023
    0
    Acepta dos años de cárcel el conductor que se estrelló contra un muro, causando la muerte a su acompañante
    Sucesos

    El conductor que se estrelló contra un muro en Vigo, causando la muerte de su acompañante, ha aceptado este miércoles

    Leer mas

    Morgan, Javiera Mena, Samantha Hudson y Morreo se suman al cartel del festival Vive Nigrán 2023

    por Redacción
    22 de Mar, 2023
    0
    Morgan, Javiera Mena, Samantha Hudson y Morreo se suman al cartel del festival Vive Nigrán 2023
    Música

    El cartel del festival Vive Nigrán crece con cuatro nuevas confirmaciones: Morgan, Javiera Mena, Samantha Hudson y Morreo. El evento,

    Leer mas

    Johab Art and Design apuesta por el Centro Comercial Camelias para su segunda apertura en Vigo

    por Redacción
    20 de Mar, 2023
    0
    Johab Art and Design apuesta por el Centro Comercial Camelias para su segunda apertura en Vigo
    Local

    El Centro Comercial Camelias sigue imparable en la inauguración de nuevos locales de comercio local. En los últimos seis meses

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR