Consciente de que este proceso vai levar un tempo, o alcalde insistiu en que é o momento para iniciar un diálogo que remate permitindo construír esta dotación cultural nos terreos que o Concello expropiou para a Cidade da Xustiza e polos que pagou 3,5 millóns de euros.
No encontro con José Guirao, Caballero poñerá sobre a mesa «elementos compartidos que temos para a xestión da cultura na cidade» e tamén transmitirá «o noso desexo de que retomen a idea da Biblioteca. Quero que o Goberno de España empece a barallar que Vigo quere unha Biblioteca do Estado».
A este respecto, Caballero destacou que Vigo é a cidade de España máis poboada que aínda non conta con esta dotación. O alcalde detacou que «a petición miña o Goberno de Zapatero cambiou a lei para que as Bibliotecas do Estado non estivesen só en capitais de provincia e queremos que Vigo teña a súa».