Abel Caballero e Xulio Ferreiro mantiveron este mércores a primeira reunión institucional. Os rexedores falaron do «momento de revolución municipalista» que impulsa Caballero dende a Federación Espñola de Municipios e Provoncias (FEMP), con avances en política social como a prohibición dos cortes de enerxía ás familias por razóns de pobreza, o problema do teito de gasto «en vías de se resolver» ou a posibilidade de que os municipios empreguen o superávit que «levaremos adiante», segundo expuxo o rexedor olívico.
Además, o alcalde de Vigo participou na homenaxe ao alcalde Francisco Vázquez, que dende este mércores conta cun retrato na galería de alcaldes do consistorio. No acto tamén estivieron presentes o exvicepresidente do Gobierno Alfonso Guerra e o exalcaldes Javier Losada ou Clemente López Orozco.
Durante o seu discurso, Caballero alabou a labor de Paco Vázquez. «Es un modelo en la forma de entender las alcaldías y seguramente es el mejor alcalde que hubo en España en la democracia, aprendí mucho de él, aprendí tanto que soy mejor alcalde que él», señaló.