• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 15 de octubre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    partidas municipais 2016

    Caballero: «Con estos orzamentos a cidade colle velocidade de Fórmula 1»

    Con 225,9 millóns, as contas crecen un 2,37% sobre o 2015, polo que Abel Caballero subliñou o "esforzo para seguir avanzando"
    Redacción por Redacción
    21 de Oct, 2015
    en Local
    0

    Tras ser aprobado pola Xunta de Goberno Local na mañá deste mércores, o alcalde de Vigo presentou en rolda de prensa os contidos principais do orzamento do Concello para 2016, que ascende a 225,9 millóns de euros e rexistra, en verbas de Caballero, unha «inmensa vocación de gasto social, de emprego e de investimentos para seguir transformando a cidade».

    O primeiro edil vigués valorou o «esforzo» que representa estas contas «para seguir avanzando» na cidade, un documento no que se duplican os investimentos do ano 2015, que reserva máis de 13 millóns para o departamento de Políticas de Benestar, mantén os programas de creación directa de emprego e aumenta un 57% o orzamento para a promoción económica da cidade, un 12,9% as partidas para o deporte e nun 8% para a educación.

    Segundo indicou Caballero, o orzamento municipal para 2016 integra na estrutura municipal os ata agora organismos autónomos do Instituto Municipal dos Deportes, de VigoZoo e da Escola Municipal de Artes e Oficios, co que se simplifica a administración e se evita duplicidades, ao tempo que se xeran aforros superiores aos 200.000 euros.

    Ademais, e en materia económica, o alcalde de Vigo asegurou que neste orzamento a débeda municipal queda nun 0,1% sobre o total, un «dato moi importante» que converte á cidade olívica na primeira entre as cidades españolas en ter débeda cero. Caballero desglosou tamén os aforros que terán os cidadáns polas exencións, bonificacións e deducións nos tributos municipais promovidos polo goberno de Vigo, un total de 7,6 millóns de euros en concepto de beneficio fiscal no IBI, en Vehículos, en Plusvalía, no IAE (do que máis do 90% das empresas están exentos de pago), en Construcións e no Lixo.

    Abel Caballero singularizou igualmente o apoio de case 250.000 euros aos comedores sociais, os case 700.000 euros para o centro de inclusión e emerxencia social (albergue), e os 12,3 millóns de euros -300.000 euros máis que no 2015- para subvencionar aos usuarios do autobús urbano, a través das tarxetas verdes.

    O proxecto «Illas Cíes Candidatura a Patrimonio da Humanidade» leva un orzamento de 200.000 euros e será pilotado inicialmente, segundo explicou o rexedor, a través da Vigo Convention Bureau, que ve incrementada a súa partida un 35%, ata os 135.000 euros. Abel Caballero tamén subliñou o millón de euros para Xuventude e os 1,1 millóns para Igualdade, xunto á política cultural municipal, que se traduce en 3,1 millóns de euros de apoio aos museos, case 800.000 euros en promoción cultural, un millón para equipamentos culturais e 935.000 euros para as bibliotecas.

    Principais áreas de gasto do orzamento
    A área de Benestar ten unha dotación que supera os 13 millóns de euros, que se reparten da seguinte maneira: o Servizo de Axuda no Fogar: 3.189.000 euros, un 10% máis que en 2015, e unha cantidade que o alcalde define como «a máis alta de Galicia». O Cheque social, que inclúe axudas á vivenda, subministros e alimentación recibe 2.442.000 euros, dos que 1,6 millóns se destinan á tarxeta da dignidade para pagamentos de alugueiros, enerxía e alimentos e 800.000 para un fondo de emerxencia para os desafiuzamentos co fin de que «en Vigo non haxa ninguén desafuizado por razóns económicas mentres eu sexa alcalde». Mantense a axuda a CEDRO de 1.543.000 euros e á Teleasistencia, mentres que para Bolsas de Comedor e Libros dedícanse 1.800.000 euros que, segundo Caballero «permitirán facer fronte ao 100% das solicitudes que se presenten» e maneira que «ningún neno ou nena de Vigo quedará sen bolsa de comedor por razóns económicas».

    O orzamento para a área de Educación será de 11.763.000 euros, o que representa un 7,88% máis que este ano. A partida máis importante é a do programa de Bolsas de Inglés que con 1.400.000 €, duplica o orzamento actual de xeito que, segundo o rexedor, «daremos todas as bolsas que se soliciten». Os campamentos de verán multiplican por dous o orzamento chegando ata os 176.000 € en 2016 ante a gran demanda da cidadanía. Para a UNED o presuposto municipal destina 618.000 € en concepto de alugueiro do espazo e 100.000 € para apoiar as novas titulacións e as actuais. Para as obras de melloras en colexios vigueses o orzamento prevé 600.000 €, 652.000 para melloras relacionadas co subministro eléctrico e para a limpeza dos centros 2.863.000 €. O orzamento dedica ás escolas infantís 1.714.000 euros, para axudar ás familias, nun reparto que queda como segue: Escola infantil Casiano Martínez: 195.000 €, Mestres Goldar 219.000 €, Lavadores: 226.000 €, Escola infantil de Navia: 219.000 €, Casco Vello: 223.000 euros, Escola infantil Saiáns: 215.000 €, Teis: 217.000 € e Tomás Alonso: 195.000 €.

    Ademais, o orzamento do Concello para o exercicio de 2016 mantén tódalas dotacións en materia de creación de postos de traballo a través de plans directos. O Plan de Emprego Municipal recibe 1.455.000 €, os Coidadores de Barrio 540.000€, a creación de empresas 100.000€, para emprego xuvenil a través do convenio con Citroën e Conxemar 500.000€.

    No tocante á promoción económica de Vigo, o alcalde anunciou que proseguirá o esforzo municipal cun orzamento de 4.029.000 €, un 57% superior ao 2015, repartido en diferentes partidas: a dinamización do comercio recibe 200.000€; a dinamización de centros comerciais 140.000€, para a organización de feiras destínanse 75.000€, o Marisquiño duplica o presuposto actual ata os 82.000€ e as Festas de Vigo, aumentan un 25% ata os 500.000€, amais de manter o Festival Folclórico Internacional.

    En materia de promoción turística para 2016, o goberno local reserva 2.707.000 €, un 80% de incremento respecto a 2015 nesta partida que inclúe as rutas aéreas. Amais destínanse 300.000€ a plans de promoción turística.

    Á área de Deportes, o orzamento municipal dedica case 12.000.000€, un incremento dun 12.9% respecto a 2015 que inclúe unha partida de 550.000 euros para o deporte base, unha partida un 37% superior á de 2015.

    Investimentos
    O goberno de Vigo incrementa un 108,5% a partida de investimentos, pasando de 4,5 no 2015 aos 9,4 millóns reservados nas contas de 2016, financiados con recursos propios e sen acudir a endebedamento, tal e como salientou Caballero.

    Entre as principais partidas recollidas, o alcalde detallou a construción do aparcamento público e gratuíto nas inmediacións do novo Hospital Álvaro Cunqueiro (520.000 euros) e as novas fases das humanizacións de Rosalía de Castro (900.000 euros), Canceleiro, Gregorio Espino (500.000 euros), Aragón (500.000 euros) e das escaleiras mecánicas da II República (670.000 euros).

    O Concello inclúe 200.000 euros para a humanización da rúa Llorente, 565.000 euros para a da rúa Bueu, case medio millón para Doctor Corbal e 150.000 euros para continuar a reforma da rúa Ferreiros, en Bouzas. Tamén en Bouzas o goberno de Vigo completará a rehabilitación da Casa do Patín, con case 39.000 euros.

    Outros investimentos recollidos para 2016 son case medio millón para mellorar infraestruturas en parroquias, 350.000 euros para parques infantís, 230.000 euros para continuar co programa de arte urbano nas medianeiras, case 400.000 euros para a ETEA, 900.000 euros para as remodelacións dos campos de fútbol do Colexio Fogar e do Carballal, 100.000 euros para mellorar as instalacións deportivas dos parques, 220.000 euros para o mantemento do patrimonio municipal e etnográfico e 180.000 euros en melloras na informatización e adaptación ás novas tecnoloxías.

    43

    RelacionadosArtículos

    Vigo, esa ciudad clickbite
    Local

    Vigo, esa ciudad clickbite

    15 de Oct, 2025
    Las calles Vigo se agrietan mientras el Concello sólo ha gastado el 4% del ‘Plan aceras en barrios’
    Local

    Las calles Vigo se agrietan mientras el Concello sólo ha gastado el 4% del ‘Plan aceras en barrios’

    15 de Oct, 2025
    El desarrollo del ‘nuevo Navia’: 2.300 viviendas en el Ofimático, en 6 etapas y hasta 2040
    Local

    Caballero pone palos en las ruedas del desarrollo urbanístico en el Ofimático

    15 de Oct, 2025
    Local

    Reconoce que vendía hachís y éxtasis en las fiestas de Bouzas

    15 de Oct, 2025
    Vigo, de «potencia turística» a ciudad con la oficina municipal de turismo cerrada
    Local

    «En la ciudad del turismo, no hay previsión y solo chapuzas»

    15 de Oct, 2025
    La Asociación de Periodistas concede el Premio Bernal a Julio Rodríguez, director de Atlántico Diario
    Local

    La Asociación de Periodistas concede el Premio Bernal a Julio Rodríguez, director de Atlántico Diario

    15 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 9

    Más Vistos

    La A55, de nuevo una ratonera: retenciones y tráfico ralentizado desde O Porriño hacia Vigo

    La A55, de nuevo una ratonera: retenciones y tráfico ralentizado desde O Porriño hacia Vigo

    por Redacción
    12 de Oct, 2025
    0

    Crece la indignación en el Paseo de Alfonso XII

    Crece la indignación en el Paseo de Alfonso XII

    por Julio Alonso
    14 de Oct, 2025
    0

    Barrio do Cura pide desalojar ya el legendario Casa Roucos, que permanecerá en Santa Marta

    Barrio do Cura pide desalojar ya el legendario Casa Roucos, que permanecerá en Santa Marta

    por María Alonso
    08 de Oct, 2025
    0

    El comercio de Vigo se levanta contra el Concello ante la falta de «interlocución» y respuesta a sus peticiones

    El comercio de Vigo se levanta contra el Concello ante la falta de «interlocución» y respuesta a sus peticiones

    por Redacción
    09 de Oct, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Más Vigo

    Un lugar sagrado llamado Casa Roucos

    La ciudad de Vigo no se caracteriza, precisamente, por salvaguardar sus elementos históricos o arquitectónicos. Basta con hojear el interesante...

    por Julio Alonso
    15 de Oct, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo
    Más Vigo

    La huelga de mujeres que paralizó la conserva en Vigo

    La ría de Vigo es un emblema de la emancipación de la mujer, porque gracias al sector de la conserva...

    por Eduardo Rolland
    02 de Jun, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    El aeropuerto de Peinador

    Esta es la historia del aeropuerto de Vigo, desde su construcción y diseño fallido de Jenaro de la Fuente hasta...

    por Fernando Torres Carbajo
    31 de Oct, 2015

    LIBROS

    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada
    Libros

    O relato gañador do Certame de Vigo Histórico queda na casa: unha veciña do Casco Vello, a premiada

    O relato Solsticio, de Iris Darriba Quesada, é o gañador da duodécima edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado...

    por Redacción
    08 de Oct, 2025

    OPINIÓN

    Crece la indignación en el Paseo de Alfonso XII
    Opinión

    Crece la indignación en el Paseo de Alfonso XII

    Todo Vigo esperaba que comenzaran las obras de la urbanización del Barrio do Cura, cuyo proyecto permaneció paralizado durante muchos...

    por Julio Alonso
    14 de Oct, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR